Casar & botar un polvo nunha cama & sex education
O venres aconsellaba eu evadirese de calquera xeito desta realidade tan nefasta, e como queira que non quero facer eso de "consejos vendo que para mí no tengo", pois púxenme a ver unha serie que non vos podo dicir onde lin ou escoitei dela, pero si que alguén a recomendaba: "Sex Education".
Pensei eu que unha serie de sexo de adolescentes estaría entretida e axudaría a pretensión que tiñamos; evadirnos.
E si, funcionou, e vendo está serie onde os adolescentes como diría unha das avoas do meu libro deSExo (heis o enlace para mercar:http://leer.la/B0839GHS4) pasan o tempo fodendo aberto, pois unha non pode evitar pensar no difícil que foi todo para a miña xeneración (supoño que para as anteriores aínda máis).
Difícil o tivemos a xente da miña idade en moitos eidos e dende logo tamén niste do sexo, por iso cando vexo unha escena coma as que aparecen nesta serie dunha parella de adolescentes preparando o seu primeiro encontro, na súa casa nun ambiente relaxado, acolledor, cunha ristra de condóns que os seus proxenitores tiveron a ben facilitarlle para evitar consecuencias non desexadas. Vaites!! Mágoa que non nos tocara vivir nestes tempos.
Tan difícil foi, que si, creo que moitas parellas casaban para xa, dunha boa vez, poder revolcarse enriba dun mol colchón en vez de ter que andar tiradas por aí no medio do monte, nalgún alpendre, ou nos lugares máis insospeitados. No meu pobo principalmente úsabanse para estes fins tanto a carballeira de arriba coma a de abaixo.
Non, a maioría da mocidade da miña época non tiña coche, ou sexa que eso tampouco era unha opción.
Nos hoteis non admitían parellas que non estiveran casadas, e pedian o pasaporte, iso si vivías cerca dunha cidade onde houbera hoteis e dispoñias dos medios económicos para permitirte o seu custo, o que tampouco sucedia polo común.
A serie non so é útil para persoas con fill@s en idade adolescente e interesante para calquera idade, sobre todo se coma min recibistes unha nula educación sexual, haberá cousas que vos interesen e outras que vos sorprendan como me pasou a min co das "lavativas".
Martina Carracedo