Escapados

Rematamos a lectura deste libro de Maria del Carmen Rey Núñez, que nos tivo entretidas un lote de días.

Segundo fomos acompañando os protagonistas desta historia, aumentou o noso cariño por eles e conseguiron tirar de nosoutras cada vez con máis forza e con esa ansia que é o que en realidade buscamos as lectoras; un libro que nos conquiste de tal xeito que queiramos seguir, seguir unhas páxinas máis, un pouco máis, ata que tes que parar porque se che pechan os ollos, hai que descansar, pero estás desexando atopar  ese intre no que poder mergullarte outra volta nas súas páxinas e ata sentes moita mágoa cando chegaches a páxina derradeira. Deste xeito nos seduciu.

Desfrutamos, tamén, moito moito coa paixase; Muros, Carnota, O Pindo, son; para nós, lugares  benqueridos e certamente especiais de cuia fermosura gozamos tanto na nosa mocidade como xa entradas en anos.

Os meus parabéns para a autora coa que espero máis cedo que tarde poder parolar desta súa obra e de moitas cousas máis que eu penso que temos en común.

Martina Carracedo

05/12/2023