NON FOI CULPA TÚA, NON FOI CULPA TÚA, NON FOI CULPA TÚA.


https://www.youtube.com/watch?v=R6eoqFbcknY

Esta película, e  moi en concreto, esta escena protagonizada por Robin Willians e Matt Damon, vainos servir para falar diso precisamente: A CULPA.

Acontece moi  a miúdo que personas que son obxecto de abusos, malos tratos, acoso, séntense culpables, máis aínda cando se trata de nenas ou nenos porque non son quen de entender. Pero tamén nos pasa as persoas adultas, ante situacións incomprensibles, á nosa cabeza veñen preguntas:

—que é o que fixen mal?

—que dixen? en que tono?  que tanto molestou?


Porque, non pode ser, razoa o noso cerebro, que alguén, na maioría dos casos da familia, ou moi cercano  me  desprecie, me pegue, me berre, sen ningún motivo. Entón para haber esta reacción tivo que haber previamente unha acción, algo tiven que facer mal, e aí se inicía o proceso da culpa.

Pois o teu cerebro equivócase, non se trata de ti,  trátase das incapacidades amorosas e empáticas desas persoas e polo tanto a responsabilidade é única e exclusivamente súa.


Moitas lembraredes aquela marabillosa serie “La Bola de Cristal” onde se dicía esta frase que nos acae: “desenseñar a desaprender como se deshacen las cosas”.
Quedémonos só con esto: DESAPRENDER. Desaprender afirmacións, como:

—Os maiores sempre teñen razón

—Algo fixen mal, por iso me trata así

Afasta a culpa, afasta o rencor, afasta o odio, porque se ti  agora adulta, te maltratas a ti propia, entón si: SERÁ CULPA  TÚA, SERÁ CULPA  TÚA, SERÁ CULPA TÚA.

Martina Carracedo