Non ó maltrato infántil

Primeiros pasos

Desculpar que siga falando de #maltrato#  #infantil#, pero é un tema  que a todos nos debería preocupar. Reproduzo un paragrafo dunha noticia en save the children:

“En varias ocasiones y a través de numerosos estudios, propios y de terceros, desde Save the Children hemos evidenciado un incremento de denuncias de delitos sexuales contra menores de edad, en concreto un 23,2% más tan solo en el último año en España”.

Dende a familia podemos empezar a cambiar e facer algunhas cousas dun xeito diferente, evitar a practica do abuso pola nosa banda e dar ferramentas a nenas e nenos para evitar os abusos externos:

Non transmitir esa idea de que os maiores sempre teñen razón, e polo tanto se lles debe obediencia cega.

Non as obrigar a facer cousas que non desexan

Vou  formular a seguinte pregunta e aceptanse todo tipo de ideas, e suxestións: <Por que, cousas, feitos, situacións que nunca considerariamos normais nun adulto si as aceptamos como tales cando se trata de nenas e nenos pequenos>. Parece que tivesemos a idea de que teñen unha especie de defensa contra a dor, que lles permiten non sentir nin padecer.

Escribín non hai moito tempo algo sobre #SENTIR#. Si, sentir  as cousas, non entendelas de xeito teórico, nin comprendelas e razoalas, senón sentilas; case como algo físico.

Para ilustrar un pouco a cuestión vou contar algúsn exemplos de situacións que me pasaron a min propia ó longo dos anos, e que  agora relembro con unha actitude ben diferente da que tiven cando sucederon.

Hai algún tempo escribín sobre Unai; un bebé dunha amiga que ingresaron nun hospital e que eu visitei coa súa nai, só o podía ver a través dun cristal, el, estaba metido coma nunha furna de cristal con mil tubos conectados, parecía un obxecto deses que os científicos meten en formol para o seu estudio. Eu estaba cega por aquel entón, e  non me alporicei ó contemplar tamaño horror. Se fora hoxe, sentiría unha gran dor, e ata pode que un ataque de nervios, pranto, ou as dúas cousas.  Pero a cuestión é que se por  acaso a persoa a visitar fose adulta, e a atopásemos deste xeito efectivamente, reaccionariamos con pranto, dor, impotencia.

Moitos anos atrás, visitando a casa dunha tía dunha miña cuñada, atopeina na cociña cunha sobriña que estaba a coidar, calculo que non pasaría dos tres anos, a nena tiña diante súa unha cunca de sopas de  leite con galletas, cousa que eu nunca soportei, faise unha pasta difícil de tragar. Aquela muller, amable noutras situacións, obrigou a aquela nena a comer aquel mexunxe, e non lle importou para nada que lle deran arcadas, nin que amosase o seu rexeitamento. Teño que dicir que neste caso, a situación resultoume desagradable ata violenta, pero non dixen nada, non defendín aquela nena, nin xiquera cunha frase de: bueno igual todo é demasiado que é pequeniña, ou non está ben obrigar a comer sen fame… calquera cousa, nada, calei.

Inda unha terceira situacón para que comprendamos do que estou a falar, outro neno recén nacido que por algún problema tivo que permanecer no hospital,  mandáronnos unha foto que bueno a miña filla maior retirou os ollos asustada, dicindo: “eu non podo ver isto”. Eu mireino de reollo porque a imaxe era impactante, tan pequeniño, tan desvalido, sen mamá, sen ningún ser amable que lle tocase sequera fora un dedo. Alguén pensa, que se vas ver un familiar que está enfermo do que sexa na UCI con vinte aparatos, vinte cables, desmellorado, inconsciente, se lle ocorrería facer fotos e andalas a difundir polo wasapp coma se fora non sei algo etupendo, non, non, non o facemos cos adultos, pero si cos nenos. Por que? Isa é a cuestión.

Martina Carracedo

Imaxe collida de aquí: https://boredrobingirl.wordpress.com/2019/05/31/verbal-and-emotional-abuse/