Olimpia Valencia/ A xinecóloga roxa

Seica onte foi o día da ciencia (creo) máis todos os días son bos para reinvindicar a mulleres sobresaintes na ciencia ou no que sexa, e  que por desgracia para a maioría de nosoutras son descoñecidas.

De entre todas as moitas que podería achegar, elixin estoutra Olimpia que tivo máis sorte que aqueloutra Olympia de Gouges que como vos comentaba noutra publicación acabou cos seus ósos na guillotina aínda que esta,  por mor de apoiar ó Partido Galeguista, tamén pasou pola cadea do franquismo aló polo 1937.

Quizáis tamén elixin esta Olimpia por ter, ela, nacido en Balatar, un pobo que eu visitaba con certa frecuencia, antes deste illamento forzado, por teren moi preto nun fermoso pobo de nome Niñodaguia, agarimado pola fantástica Serra do Larouco (E non, non se traduce o castelán como “el niño de la guía”) unha das miñas mellores amigas.

Ista nosa Olimpia naceu en Baltar aló polo 14 de decembro de 1898, foi a primeira galega titulada en medicina en Galicia. Din co seu expediente académico foi de todo brillante, cun lote de matrículas de honra e premio extraordinario. Mais con todo, a súa condición de muller impediulle elixir a especialidade que ela quería; a neumoloxía, seica non estaba ben visto que as mulleres atenderan homes, e tivo que conformarse coa xinecoloxía.

Muller de inquietudes culturais vinculada a Galicia e poren relacionada con intelectuais galeguistas, en xuño de 1931 aceptou encabezar un chamamento de apoio ós candidatos galeguistas pola provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936 en prol do SI no plebiscito do Etatuto Galego, ambos os dous documentos estaban asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida e pasou uns días na cadea acusada de pertencer ó Partido Galeguista e de ter tratado con xente de esquerdas. Gracias a informes favorables e algún “dontativo” saíu en liberdade. Mais os anos seguintes foron duros, acusada de “roxa” moitas persoas deixaron de asistir a súa consulta.

Olimpia Valencia seguiu a traballar con máis de oitenta anos na súa consulta particular, na liña dunha vida austera dedicada á profesión e ó estudo. Morreu en vigo no verán do ano 1987.

Martina Carracedo

información obtida:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Olimpia_Valencia

www.gciencia.com