“Criar unha filla é coma regar a horta da viciña” & “Ver anque nos doia”.
Esta frase tocou nalgunha parte sensible do meu ser, conmoviume e levantou unha manchea de #emocións#, e a miña mente relembrou aquela película, que visonei hai un lote de anos, “balada del Narayama”, onde alguén dicía algo así:
—Que sexa la última vez que tiras unha #nena# no meu esterco
Esta frase do comezo aparece nunha reportaxe con un título non menos alarmante; “Las hijas perdidas de la India”, abaixo deixovos o enlace por se queredes ler a reportaxe completa. Non son #lecturas# gratas, pero son necesarias, eu decidín, e penso que todas deberíamos tomar a decisión de, “ver anque nos doia”.
Reflexionando sobre isto que de primeiras, mesmo, parece ser algo moi afastado, pero non tanto, eu mesma tivén que medrar co aquel de que nacer co sexo equivocado segundo o desexo dos meus #proxenitores#, o meu caso era algo máis complexo por un suceso dramático que aconteceu antes do meu #nacemento#, este tema é un apartado importante do meu libro: A nai que me pariu; www.leer.la/B07YYFHPSG que podedes atopar neste enlace.
Aínda até tempos ben recentes, moitas preferiamos parir varóns porque no noso inconsciente revoaba esa infravaloración do #feminino#, resultado da educación machista sufrida.
Hai mulleres que odian as súas fillas, moitas, seguramente porque lle ensinaron a odiarse a si propias, hai mullerers que mutilan as súas fillas (caso da ablación) hai mulleres que miran para outro lado, tapan ou agochan o abuso que sofren as súas fillas, porque no fondo ensináronlle a pensar que iso é culpa súa. Todas estas actuacións son producto dunha educación machista e represora cara as mulleres, non lle sigamos facendo o xogo ao #machismo#.
#Mulleres# do #mundo# #espertade# non vos deixedes enganar por iso de que o mal non ten #sexo#, non lle fágades o traballo suxo o #patriarcado#, non sexades sicarias nin soldados de ninguén. Abride os ollos a outra realidade posible.
Martina Carracedo
https://www.vozpopuli.com/internacional/hijas-perdidas-India_0_1409859482.html