Poullain de la Barre /“O cerebro non ten sexo”
Nosoutras non imos ser sexistas, e se un home fai méritos a prol do #feminismo tamén llo recoñecemos. Certamente que un filósofo do século XVII escriba un texto titulado: “Da igualdade dos sexos”,onde propón un modelo educativo igualitario e univeral, pois xa nos merece un chisco de respecto, xa sabemos o que pensaban filósofos moi posteriores véxase o caso do señor Rousseau.
Pois ben, quedounos atrás desa primeira etapa do feminismo este home, François Poullain de la Barre, nacido en Francia cara o ano 1647. Foi educado polo seu pai coa idea de que serguira a carreira eclesiástica.
Participou nos debates intelectuais da súa época, tanto dentro da Universidade como nos que eran, por motivos diversos, excluidos da mesma. Entrou en contacto coas novas correntes cartesianas e gasendista, chegando a converterse á nova filosofía con tanto interese que abandoou os seus estudos de doctorado.
Foi ordeado cura católico pero en 1688 converteuse ó calvinismo, o que lle mereceo o rexeitamento mesmo da súa familia. Foi perseguido e finalmente fuxío a Xenebra onde foi acollido como cidadán suizo.
Considerase o primeiro #filósofo que cuestionou o #patriarcado e a súa obra filósofica céntrase neste tema. Escribiu tres tratados fundamentais:
“Da igualdade dos sexos” Neste texo desmonta un a un os #prexuízos, o peso da tracición e o uso da autoridade para discriminar ás #mulleres.
“Da educación das damas” Afirma aquí que o cerebro non ten #sexo e propón un modelo educativo #igualitario e #universal así como o acceso de homes e mulleres por igual á vida pública.
“Da excelencia dos homes contra a igualdade dos sexos” Neste texto expón os argumentos contra a igualdade da muller e vainos refutando, co uso de métodos cartesianos.
Poullain viviu na mesma época e formouse nas mesmas correntes filosóficaa que aqueles dos que se di que “ as súas opinións sobre a muller estaban condicionadas pola situación destas nesa época, e era imposible percibir para eles as cousas doutro xeito”. Sen embargo, este home si tivo esa persepectiva, e foi quen de ver as cousas dun xeito igualitario, e por iso hoxe o traemos aquí a esta nosa páxina.
Martina Carracedo
Información: