Feminismo 5. «A historia da humanidade é a historia das repetidas vexacións e usurpacións perpetradas polo home en contra da muller» (02/02/2021)

Hoxe imos trasladarnos ó continente americano concretamente a un pequeno pobo do estado de Nova York. Alí  tivo lugar o que se chama “A Declaración de Seneca Falls” era o ano de 1848. A reunión foi convocada por Elizabeth Cady Stanton (outra descoñecida e interesantísima muller, falaremos dela un outro día)  e tivo lugar os días 19 e 20 de xullo,  esta convención pode considerarse o primeiro foro público e colectivo das #mulleres.

O texto foi aprobado por unanimidade polas sesenta e oito mulleres e trinta e dous homes convocadas de distintos movementos e asociacións poíticas próximos ós movementos #abolicionistas, agás o apartado referente ó dereito ó voto. Seica inda moitas delas non estaban convencidas da súa reinvindicación e da súa oportunidade.Esta declaración está considerada como o texto fundacional do #feminismo como movemento social. Non o vou copiar todo porque é bastante longo e podedes lelo na wikipendia e aínda noutras moitas páxinas.Pero si me gustaría compartir este pequeno parágrafo e algún dos puntos máis salientables:

«A historia da humanidade é a historia das repetidas vexacións e usurpacións perpetradas polo home en contra da muller, co obxectivo directo de establecer unha #tiranía absoluta sobor dela. Para demostralo imos presentar estes feitos ó inxenuo mundo.

Nuna se lle permitiu á muller o goce do dereito inalineable do voto.

Obligárona a acatar leis en cuxa colaboración non tivo participación ningunha.

Denegáronlle dereitos recoñecidos ós homes máis iñorantes e inmorais, tanto americanos coma extranxeiros.

Se está casada, e coma se estivera civilmente morta, antes os ollos da lei.

Desposuírona de todo dereito á propiedade, aínda ós xornais que ela mesma gaña.

Negóuselle a oportunidade de recibir unha #educación completa, pechándolle o acceso a todas as universidades.

Rematamos cunha resume de intencións moi interesante:

«Ó emprender a gran tarefa que temos diante nosa, vislumbarmos moitas interpretacións erradas, terxiversacións e escarnios, para acadar o noso obxectivo debemos utilizar todos os medios ó noso alcance. Utilizaremos respresentantes, difundieremos folletos, presentaremos as nosas peticións ó Estado e ás lexislaturas nacionais, e esforzarémonos para conseguir que púlpitos e prensa estean da nosa parte. Agardamos que  a esta Convención lle sigan outras convenccións en todo o país».

Martina Carracedo

Mostrar comentarios