Sobre min

Misteriosamente sempre sentín unha grande atracción polos libros, e digo misteriosamente, porque na escola non había, bueno si, había aqueles de texto aburridísimos. Na miña casa catro tebeos, e algún no faido dos maiores que tampouco semellaban moi atraentes. Pero eu lía calquera cousa creo que lin até o pequeno misal que levei o día da primeira comunión.

Mais adiante lembro comprar eu mesma libros como Mujercitas, algún de los Hollister. Un pouco máis adiante aínda, algunhas persoas decatáronse do meu interese e empezáronme a regalar algúns, e xa empecei a comprar en rastros, onde cadrase, e converteuse case nun vicio, nunha obsesión, que é certamente incómoda, porque a hora de moverse polo mundo resulta un incordio. Pero aí están, nas súas estanterías, algúns inda metidos en caixas das que non sairon desde a enésima mudanza. A veces penso en desfacerme dalgúns, donalos, vendelos, pero nunca acaba de cuallar a cousa.

E xa pasada a cincuentena descubrín que tamén quería escribilos, e nestas estamos. nesta páxina falaremos deso, principalmente, dos meus libros, e dos meus intereses que loxicamente se manifestan neses libros:

O maltrato infántil, penso que é unha lacra contra a que temos que loitar, para que a sociedade sexa máis amorosa, solidaria e pacífica.

O medio ambiente: tamén temos que acabar co mal trato ó que o estamos sometendo a diario

A miña lingua, o galego, pola que sinto un gran amor e tamén responsabilidade, por iso farei todo o que estea na miña man para que non se perda para que medre, para que se espalle para que as miñas tataranetas se esplallen nela con soltura.

Correo electrónico: carracedomartina@gmail.com