Reseña sobre “A Nai que me pariu” & falsos mitos

Hoxe compártovos esta reseña que fixo do meu libro: A nai que me pariu, www.leer.la/B07YYFHPSG  Antonio París Ortíz. Xa  vai aló un tempiño, pero hoxe topei con texto e conmoveome.  Antonio é unha persoa comprometida e que nos axudou nun tema tan complexo como o é o…

Microrelato: "Mis manos"

Onte recibín esta mensaxe da foto da esquerda, como non se le moi ben direivos que me informan de que  me atopo no listado definitivo de participantes nun concurso de microrelatos.   Dende logo non estou entre as gañadoras. Afondando no asunto, resulta que o que fan (supoño) e xuntar a…

Este é un lugar seguro & Un lugar seguro para todas

Esta frase repítese cunha certa frecuencia nunha serie que estiven a ver: “Sex Educatión”. Xa vos falei dela nalgunha outra ocasión e recoméndovola, incluso para ver con fillos adolescentes, como maneira, se cadra máis doada, de falar do tema sexual, que aínda nos custa un lote. Parece intreresante o visionado…

Código de Hammurabi

traducción de Xosé Antón Parada Interrompemos a Mary Wollstonecraft e a súa "Vindicación dos dereitos da muller" porque hoxe fun a presentación deste #libro de Xosé Antón Parada, e teño que dicir que foi a máis amena de todas cantas levo asistido nos últimos tempos, e a cousa ten mérito…

“Vindicación dos dereitos da Muller” de Mary Wollstonecraft.

«INTRODUCCIÓN DA AUTORA Logo de considerar o devir histórico e contemplar o mundo vivo con cobizosa solicitude, as emocións máis morriñentas de indignación desconsolada oprimiron o meu espírito e láiome de me ver na obriga de confesar tanto que a Natureza ten establecido unha gran diferencia entre un home e…

Mary Wollstonecraft: Vindicación dos dereitos da muller.

As que seguides a esta vosa páxina con certa frecuencia, sabedes que levamos un tempo compartido publicacións sobre feminismo, que encetamos co libro de Nuria Varela: Feminismo para principiantes, e que nos fomos mergullando na vida e historia desas mulleres que dan en conformar o que se vén chamando; a…

Feminismo 7- Olimpia Valencia/ A xinecóloga roxa(12/02/2021)

Seica onte foi o día da ciencia (creo) máis todos os días son bos para reivindicar a #mulleres sobresaíntes na #ciencia ou en calquera outra disciplina, mulleres que, por desgracia, son descoñecidas para a maioría de nosoutras. De entre todas as moitas que podería achegar, elixín estoutra Olimpia que tivo…

Feminismo 5. «A historia da humanidade é a historia das repetidas vexacións e usurpacións perpetradas polo home en contra da muller» (02/02/2021)

Hoxe imos trasladarnos ó continente americano concretamente a un pequeno pobo do estado de Nova York. Alí  tivo lugar o que se chama “A Declaración de Seneca Falls” era o ano de 1848. A reunión foi convocada por Elizabeth Cady Stanton (outra descoñecida e interesantísima muller, falaremos dela un outro…