Letras Galegas 2018
Velaquí a que faltaba; María Victoria Moreno, Letras Galegas 2018.
Das cinco #mulleres que foron agasalladas cun día das #LetrasGalegas, e desas tres que estaban entre Rosalía e Xela Arias, quedaba por adicarlle un día nesta nosa páxina a María Victoria Moreno, da que confeso ter un descoñecemento case total, sen embargo, a segundo fun lendo sobre a súa vida e a súa obra recoñecín esta “Anagnorise” seica a súa obra máis famosa, que se editou en múltiples ocasións e se traduciu a varios idiomas e que tamén ten que andar por algures nesta miña anárquica biblioteca.
Quizáis o primeiro que chama a atención é que a autora non naceu en #Galicia como podiamos supoñer senón en Valencia de Alcántara provincia de Cáceres un 1 de maio de 1939, e que finou en Pontevedra en novembro de 2005.
Foi esta muller, editoria, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil e profesora de ensino secundario en instituos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra.Hai cumprida información na rede sobre dela, somentes suliñar que durante a ditadura franquista como podedes supoñer e como eu podo acreditar estaba prohibido o #ensino de lingua galega nas aulas, mais María Victoria adicaba parte das súas clases de literatura española dos venres a ensinar literatura galega.
Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e Galicia. A súa fascinación dende moi nova por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta á defensa e promoción do #galego.Reproducimos unhas palabras que dirixiu ó profesor Alonso Montero co que a unía unha grande amizade: « Eu non teño casa patrucial en Galicia e non podo falar da «hortiña que quero tanto» nin das «figueiriñas que prantei», mais pouco importa isto se a miña voz chega ás escolas e ós institutos deste país [...] ¿Ten isto algo que ver coa influencia que exerceu sobre min Xesús Alonso Montero? Evidentemente si, alomenos en parte.
[...] O meu estilo é meu, e coido que llo debo a meu pai e os xenes moriscos que me transmitiu. A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro e recoñezo coma mestre. María Victoria Moreno morreu no hospital de Pontevedra, cando tiña 66 anos de idade pasadas as nove da mañá do 22 de novembro de 2005, vítima dun cancro.A súa biblioteca persoal, de 5 009 volumes,incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quixote, foi doada ao IES Gonzalo Torrente Ballester.
Estamos encantadas de ter coñecido esta muller, e a todas as anteriores das que fomos dando conta aquí neste noso curruncho que ten sabor #fiminino.
Martina Carracedo
24/05/2022