Crianza consciente, crianza con #apego#, #colecho#, amamantar, son palabras que entraron no meu vocabulario non hai moito tempo, pero que coallaron con forza.
Acontece que este tipo de crianza precisa tempo, atención, dedicación, e amósase completamente incompatible coas maratonianas xornadas laborais que hai hoxendía, por moito que os políticos se lles encha a boca falando de conciliación.
Dalgún xeito a sociedade, ou quen for, conveceunos de que é bo para un bebé de meses afastalo da súa nai e pasar a veces máis de oito horas nun lugar estrano para él. Como puidemos tragar con isto?, tamén nos convenceron ás mulleres de que é moito máis interesante pasar máis de oito horas traballando nun supermercado, nunha fábrica, onde sexa que estar na casa ocupándose dos nosos fillos. O erro está en que non se considera traballo o da casa nin o de atención a crianzas porque non se paga, e como no mundo en que vivimos o verdadeiro amo é Don diñeiro, pois iso.
A cuestión é que unha muller non tería que renunciar a ningunha das dúas cousas: nina a ser nai, nin a desenvolver a súas capacidades profesionais, artísticas, ou do tipo que sexan.
Para que isto acontecese tería que suceder que a crianza estivese protexida dende todos estamentos, e que unha muller con fillos, tivese garantizada a subsitencia, é decir; necesidades básicas de vivenda, alimentación, asistencia médica, e que contase, tamén, con todo tipo de facilidades para poder seguir coa súa vida profesional, artística, sen ter que renunciar a unha crianza con apego.