DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER E DA CIDADANÍA.

Atención o artigo X

(Redactada en 1789 por Olympe de Gouges para ser decretada pola Asamblea Nacional Francesa)

Todas lembraredes aquelas tres importantes palabras da Revolución Francesa: #Liberdade, #Igualdade e #Fraternidade.

Pois as #mulleres que axudaron nesa Revolución, tiveron que sufrir o enorme desengano que supoxo o decatarense que todo iso da igualdade e da liberdade e demais non era para elas, pero non se achantaron, como podemos comprobar con esta declaración de dereitos. Quizais mañán falaremos do destino da súa autora, outra muller excepcional; Olympe de Gouges.

«PREÁMBULO:
As nais, fillas, irmáns, representantes da nación, piden seren constituídas en Asamblea Nacional. Por considerar que a ignoracia, o esquecemento ou o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas dos males públicos e da corrupción de 105 gobernos, veñen de resolver expoñer nunha declaración solemne, os dereitos naturais, inalienables e sagrados da muller a fin de que esta declaración, constantemente presente para todos os membros do corpo social lles lembre  sempre os seus dereitos e deberes a fin de que os actos do poder das mulleres e os do poder dos homes poidan ser, en todo intre, comparados co obxectivo de toda institución política e sexan máis respectados por ela, co fin de que as reclamacións das ciudadanas, fundadas a partires de agora en principios simples e indiscutibles , se dirixan sempre ó mantemento da constitución, dos bos costumes e da felicidade de todas. En consecuencia, o sexo superior tanto en beleza coma en coraxe, nos sufrimentos maternos, recoñece e declara, en presencia e baixo 105 auspicios do Ser Supremo, os Dereitos seguintes da Muller e da Cidadana.

ARTIGO PRIMEIRO.
A muller nace libre e permanece igual que o home en dereitos. As distincios sociais só poden estar fundadas na utilidade común.

ARTIGO SEGUNDO.O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles da Muller e do Home, estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión.

ARTIGO TERCEIRO.O comezo de toda soberanía reside esencialmente na Nación, que non é máis que a reunión da Muller e do Home: ningún corpo, ningún individuo, pode exercer autoridade que non emane deles.

ARTIGO CUARTOA liberdade e a xustiza consiste en devolver todo o que pertence ós outros; así, o exercicio dos dereitos naturais da muller só teñen por límite a tiranía perpetua que o home lle opón; estes límites deben ser corrixidos polas leis da natureza e da razón.

ARTIGO QUINTO.As leis da natureza e da razón prohiben todas as accións prexudiciais para a Sociedade: todo o que non estea prohibido por estas leis, prudentes e divinas, non pode ser impedido e ninguén pode ser obrigado a facer o que elas non ordeen.

ARTIGO SEXTOA lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as Cidadás e todos os Cidadáns deben participar na sua formación persoalmente ou por medio de representantes. Debe ser a mesma para todos; todas as cidadás e todos os cidadáns, por seren iguais ós seus ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos, empregos públicos, segundo as súas capacidades e sen máis distinción que o das virtudes e talentos.

ARTIGO SÉPTIMO.Ningunha muller se atopa eximida de ser acusada, detida ou encadeada nos casos determinados pola Lei. As mulleres obedecen coma os homes esta lei rigorosa.

ARTIGO OITAVO.A Lei só debe establecer penas estricta e evidentemente necesarias e ninguén pode ser castigado máis ca en virtude dunha Lei establecida e promulgada anteriormente ó delito e legalmente aplicada ás mulleres.

ARTIGO NOVENO.Sobre toda muller que fose declarada culpable caerá todo o rigor da Lei.

ARTIGO DÉCIMO.Ninguén debe ser molestado polas súas opinións, incluso fundamentais; a muller ten dereito de subir ó cadalso; debe ter tamén igualmente o de subir á Tribuna con tal de que as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola Ley.

ARTIGO DECIMOPRIMEIRO.A libre comunicación dos pensamentos e das opinións é un  dos  dereitos máis prezados da muller, xa que esta liberdade asegura a lexitimidade dos pais en relación cos fillos. Toda cidadá pode, logo, dicir libremente: Eu son a nai dun fillo que vos pertence sen que un prexuizo bárbaro a force a disimular a verdade, coa salvedade de responder polo abuso desa liberdade nos casos determinados pola Ley.

ARTIGO DECIMOSEGUNDOA garantía dos dereitos da muller e da cidadá implica unha utilidade maior; esta garantía debe ser instituida para vantaxe de todos e non para utilidade particular de aqueles ós que lle foi confiada.

ARTIGO DECIMOTERCEIROPara o mantemento da forza pública e para os gastos de administación, as contribucións da muller e do home son as mesmas; ela participa en todas as prestacións persoais, en todas as tarefas penosas, xa que logo, debe participar na distribución dos postos, empregos, cargos, dignidades e outras actividades.

ARTIGO DECIMOCUARTOAs Cidadás e os cidadáns teñen o dereito de comprobar, por eles mesmos ou por medio de representantes, a necesidade da contribución pública. As cidadás, somente poden aprobala se se admite un reparto igual, non só na fortuna senón tamén na administación pública, e se determinan a cota, a base tributaria, a recadación e a duración do imposto.

ARTIGO DECIMOQUINTO.A masa de mulleres, agrupada coa dos homes para a contribución, ten o dereito de pedir contas da súa administración a todo axente público.

ARTIGO DECIMOSEXTOToda a sociedade na que a garantía dos dereitos non estea asegurada, nin a separación de poderes determinada, non ten constitución; a constitución é nula se a maioría dos individuos que compoñen a Nación non colaborou na súa redacción.

ARTIGO DECIMOSÉPTIMO.As propiedades pertencen a todos os sexos reunidos ou separados; son, para cadaquén, un dereito inviolable e sagrado; ninguén pode ser privado dela como verdadeiro patrimonio da natureza agás que a necesidade pública, legalmente constatada, o esixa dun xeito evidente e baixo a condición dunha xusta e previa indemnización.

Martina Carracedo (12/01/2021)

Mostrar comentarios