Este ano será feminista e esta páxina tamén

Imaxe de Pinterest

Todas lembraredes aquilo de “#liberdade#, #igualdade#, #fraternidade#”  lema da Revolución francesa que aconteceu aló cara finais do século XVIII.  Pois nin a igualdade, nin a fraternidade, nin a liberdade eran para as mulleres. A metade da poboación quedou fora destes dereitos. Por que? Porque se vén excluindo as mullers de gozar dos mesmos dereitos que os homes?  Sempre foi así? Houbo algún momento da #historia#, ou algún lugar onde isto non acontecera así? Aquí andamos, na procura de respostas.

Remataba o ano lendo este #libro#: “Feminismo para principiantes” de Nuria Varela.Gostei moito del e estoulle a sacar moito proveito; empeza buscando unha definición do #feminismo# e logo fai un percorrido pola primera ola, segunda, terceira... hai un apartado específico do feminismo en España e moitas cousas máis. Penso que fixen unha boa elección para empezar co tema. É un libro ameno, áxil, cunha prosa sinxela e que serve ademais como unha especie de guía se queres afondar no tema.

E como iso é o que eu quero, vai ser un dos meus obxectivos deste novo ano; afondar no coñecemento e na historia do feminismo. A cousa preséntase interesante e entretida porque aparecen moitas #mulleres# importantes neste libro e desexo coñecer algo, senón de todas, si de boa parte das mesmas. Xa descarguei o seguinte “Vindicación dos dereitos da muller” de Mary Wolstonecraft, lembrarédela porque andou moito por aquí nas redes por mor dunha estatua que lle adicaron en Londres, na que  aparece núa e deu bastante que falar. Eu tamén compartín algo nesta páxina. Mary di cousas coma esta:

«Pódeseme acusar de arrogancia, pero, de calquera xeito, debo declarar que creo con firmeza que todos os escritores que trataron o tema da #educación# e os modais femininos, dende Rousseau até o doctor Gregory, axudaron a facer ás mulleres máis artificiais,  carácteres débiles que doutro xeito non o terían sido e, como consecuencia, membros máis inútiles da sociedade. Podería ter expresado esta convicción nun tono menor, pero temo que tería sido a queixa da afectación e non a fervente expresión dos meus #sentimentos#, do resultado claro  ó que me levaron a #experiencia# e a #reflexión#.»

Cando remate con este de Mary Wollstonecraft xa  está esperando o seu turno “Ensayos sobre la igualdad sexual” de Harriet Taylor Mill e John Stuart Mill, e  despois deste tocaralle o turno a este que chegou hai uns días dende unha librería de segunda man: “Segundo Sexo” de Simone Beauvoir, este vaime levar un tempo, son dous tomos bastante volumínosos.


Martina Carracedo

Mostrar comentarios