Esta frase repítese cunha certa frecuencia nunha serie que estiven a ver: “Sex Educatión”. Xa vos falei dela nalgunha outra ocasión e recoméndovola, incluso para ver con fillos adolescentes, como maneira, se cadra máis doada, de falar do tema sexual, que aínda nos custa un lote. Parece intreresante o visionado desta serie dada a soltura con que se tratan temas sexuais por veces complexos e diversos.
Pero o que ía, a esta frase: “Este é un lugar seguro onde podes falar de calquera tema que che interese ou preocupe…” Estas palabras, como digo, repiteas cunha certa frecuencia a nai do protagornista da serie que ten coma profesión a de terapeuta sexual. Chámoume a atención e paréceme moi interesante, ata o punto de que considero que todas deberiamos ter un lugar así. Un lugar onde poder falar de cousas do noso interese ou de cousas que nos preocupan sen medo a sermos criticadas, ou xulgadas.
A #familia debería ser, dende logo, un lugar así onde os seus membros se sentisen con #confianza dabondo para abrirse a esa súa pequena #comunidade que debería ser de apoio e non de xuízo, mágoa que en moitos casos sexa todo o contrario.
Nesta nosa páxina aquí tamén te podes sentir segura de deixar as túas opinións, e se prefires un pouco máis de intimidade aquí cara o lado esquerdo, hai unha conta de correo: carracedomartina@gmail.com. Un lugar seguro onde podes deixar as túas suxestións, ou comentar calquera cousa que che pete, iso si, utilizando un tono #amable e respectuoso.
Imaxe de: Andy en Pixabay
12/03/2024