Galegas nas letras

Sorpresas literárias deste verán & O día das #galegas nas letras

Voltamos! Non, as vacacións non foron tan longas e que agora o curso escolar adiantase demáis, no instituto Alfredo Brañas onde eu cursei o Bacharelato as aulas non comezaban ata que remataban as festas da Pilarica, anos despois en Lugo acontecía o mesmo nada de estudiar ata rematar o San Froilán, e agora; mima! recén encetado setembro veña a rapazada a traballar.

O verán rematou, eso é un feito pero  estivo cheo de #libros que mereceron a nosa atención,  os autores de dous que aparecen nesta foto e tiven a sorte de os coñecer persoalmente; Francisco Rodríguez porque foi meu profesor no antedito instituo Alfredo Brañas de Carballo e Carlos Callón deu o seu apoio en circunstancias difíciles para min, cando era presidente da Mesa de Normalización Lingüística.

Pero xa falaremos deles máis adiante calquera outro día porque a publicación de hoxe quero adicala  ás #mulleres, mulleres que  sempre estiveron aí, na literatura, na música, na empresa, no ensino, por toda parte, creo que por iso o mundo aínda non se descompuxo e se conseguimos esquivar a extinción é pola presenza feminina, que por máis intentos que fan non conseguen calar nin agachar, ou non completamente polo menos.

Non lembro, e ben que me amola, como cheguei a esta páxina do colectivo  A sega, algo andaba a procurar, un libro creo dunha tal Susana Sánchez Arins, por que? Non o sei, quizáis lin algo sobor dela nalgún xornal galego. É brincadeira sería no Nós diario, que eu saiba non temos máis xornais que publiquen as novas só en galego. Sexa como for cheguei, teño que dicilo porque é a verdade,  á autora completamente descoñecida para min, deste libro titulado; disque, que me chamou.

A procura levoume por carreiros esperados, xa sabedes, amazon, casa do libro, páxinas que ofrecían o libro, non todas nalgunhas comunicaban a súa non disponibilidade nese  momento. Finalmente por estes camiños cheos de misterios atraquei nesta páxina; A sega, e coma unha náufraga en areas descoñecidas, chea de ledicia por atoparse viva gocei cada palabra, cada persoa, foi unha agradable e marabillosa sorpresa, e así fun rulado dende a coñecida e admirada María Xosé Queizán até  un lote de mulleres marabillosas das que non sabían nin papa e eu que non son de días de… Adorei  o día “das Galegas nas letras”.

Recoméndovos con todo o entusiasmo que son quen de transmitir que vos deades unha volta por esta páxina e que gocedes de descubertas ou de reencontros segundo sexa o voso caso. Veredes que paga a pena se coma min tedes querencia polos libros, e máis sen son libros escritos por mulleres comprometidas e valentes.

http://www.asega-critica.net/2022/08/manifesto-luisa-villalta-nosa-ix-senora.html


Martina Carracedo

Mostrar comentarios