Vimos de facer unha longa e dificultosa viaxe que nos levou da nai que nos paríu á nena que fomos até chegar a adulta que son e que quero ser.
Xa choramos a nosa infancia, a tremenda soidade que nos asolou e penso que sobre todo o medo, levamos media vida co medo metido no corpo, medo a dicir, medo a facer, medo ó que pasara, medo o que pensarán, medo, medo.
Hoxe empeza unha nova etapa da nosa vida, a partires de hoxe deixamos de ter medo, de agacharnos debaixo da mesa, e de comportarnos como se fosemos inferiores, débiles, a partires de hoxe desenvolveremos todo o noso potencial criador, entrenaremos o noso cerebro para que esqueza esquemas que nos foron útiles para sobrevivir na infancia cando eramos seres completamente desvalidos, pero que agora non precisamos para nada, a partires de hoxe seremos nós mesmas, e non só iso se non que seremos a versión mellor de nosoutras.
A adulta que eu son hoxe e a nena que habita en min, ámbalas dúas comezaremos un cambio a una nova vida chea de ilusión de alegría, de riqueza, ata seren a persoa que queremos ser: amorosas, inspiradoras, divinas,
Abandoamos para sempre ese victimismo herdado de regodearnos na dor e no sufrimento, así como xa hai un tempo abandoamos para sempre a nosa síndrome de xacente, xa non somos substitutas de ninguén, somos nós mesmas, e camiñanos na procura do noso ser esencial.