Y todo comenzó con una copa de vino....

Y todo comenzó con una copa de vino....

Prácticas de escritura condensada & Relatos curtos “Todo comenzó con una copa de vino…

Esta breve historia é algo que escribín como reacción a algún concurso de relatos curtos que me chegan; comezei en castelán, e rematei en #galego. É o que ten ser bilingüe que che permite facer estas cousas. Velaí.

«Y todo comenzó con una copa de vino de este mismo color morado o  púrpura tal vez, según la luz puede parecer casi negro, o más cercano al rosado. No sé, no es fácil describir el color de un vino y sus múltiples matices, pasa igual con los #sentimientos o las #emociones, son difíciles de entender y explicar.

Sí, todo empezó aquí en este mismo lugar, en esta misma mesa, donde las emociones eran tan intensas aquel día, que parecían dificultar hasta el normal funcionamiento de la respiración. Es posible que el mantel sea el mismo de entonces, con su color vainilla y sus hojas en relieve y que guarde en su memoria las caricias que le regalé aquel día de nuestra primera cita, unos años atrás.

—Por favor, tráeme otra copa de vino

E todo rematou  con outra copa de viño, este de sabor máis afroitado,  con corpo pero ó  mesmo tempo suave e dunha cor que me lembra ó dunha cereixa madura, e o punto sen retorno marcouna esta frase: “ten un sorriso que cando ri ilumínaselle toda a cara”, fermosa frase, calquera estaría satisfeita de que lla adicaran.

Tempo atrás eu non me sentiría merecedora destas verbas, porque tampouco non me consideraba unha muller fermosa, e supoño que non o sentía así porque estaba moi afastada dos canons de beleza actuais.  Tampouco me consideraba unha persoa alegre, pola contra tiña unha certa tendencia ó ensimismamento e á tristura. Xa non.

Esta frase saíu dos beizos daquel que fora o amor da miña vida. En escasos segundos repetiuse unha vez, outra e mil veces máis: “cando sorrí todo o seu rostro se ilumina”. Vaites!! o que tería dado eu anos atrás por ser obxecto dunha gabanza parecida.

Sorte que xa levo tempo traballando estas cousas da autoestima, da #seguranza, e tiña as defensas altas, e este comentario dunha miña amiga, para máis, non me afundiu na miseria como tería ocorrido no pasado. Pola contra, sentinme tan ben que pedín máis unha copa.

—Ponme outra copa de viño

E  cando a tiven na man, puiden ver a miña face refletida e  iluminada por un sorriso marabilloso; o meu, antes de pronuciar as palabras seguintes:

—A túa saúde, que che vaia moi ben, a min tamén me vai moi ben sen ti, e… mira,  non me volvas chamar.»

Martina Carracedo

Mostrar comentarios