Hiperactivos mentais


Procurando información sobre o tema, parece que as persoas xeneramos aí polos 60.000 pensamentos diarios.  “Como di neste blog de @eduardo alonso.gabiden “60.000 pensamientos al día puedes con todos”.

Comportavos o PDF, por se o queredes ter por aí, para mirar con calma;
http://blogeduardoalonso.gabidem.com/wp-content/uploads/2015/03/60.000-PENSAMIENTOS-AL-D%C3%8DA.pdf

Eu quédome con este anaquiño, que me parece moi inspirador:

“Una de las consecuencias de vivir con #plenitud# el presente es que el futuro se nos hace innecesario, no esperamos a ser #felices# mañana, sino que vamos ya siendo felices #hoy#, dejamos que vaya llegando el mañana y nos traiga lo que nos tenga reservado. No ansiamos, no anhelamos, no sufrimos, ya no ciframos la #felicidad#, “en función de …”,

"Por veces téñome, sentido así,  referíndome ós meus abondosos pensamentos, creo que por iso empecei a escribir, porque mentres escribes vaste organizando, e, ademais podes controlar, senón todos, si unha gran parte deses milleiros de pensamentos.

E sobre todo podes dicirlle a cotorra que habita no teu cerebro, queres traballar? Adiante. Dáme cousas interesantes, historias incribles, persoaxes marabillosos, situacións impensables, resolucións nunca imaxinadas, non penses que che vou consentir que estes aí remoendo sempre nas túas pequenas miserias.

Martina Carracedo



Mostrar comentarios