Marica Campo

V Señora das letras & Visita pendente polo Incio

Marica Campo, nada no #Incio aló polo ano 1948,  foi elixida, en 2018, protagonista da quinta edición do #DíadasGalegasnasLetras, pola plataforma literaria A Sega.

Esta si que a coñeciamos, bueno, nin tanto, lemos hai xa uns anos un #libro seu titulado: "Confusión e morte de Maria Balteira" que atopamos, sen moito problema, na #anarquía da nosa #biblioteca.

Seica foi unha #lectora voraz dende a súa infancia e tamén #escritora precoz, sen embargo só publicara unha obra teatral, algúns poemas en revistas, ademáis de letras para o grupo musical Fuxan os ventos. Parece que foron algunhas amizades as que a instaron para que dera a coñecer a súa obra e así no ano 1992 publica o seu primeiro libro, un recopilatorio de poemas chamado: "Tras as portas do rostro".

En lugar de contarvos a súa biografía déixovos un enlace a súa autobiografía que aparece na biblioteca virtual galega:

https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarCampo&alias=Marica+Campo&solapa=biografia

A min persoalmente, ó comprobar o seu lugar de nacemento, sentín un gran desexo de visitar as terras do Incio de onde é natural unha miña amiga, que me ten falado de miles de castiñeiros milenarios, dos sequeiros... sen embargo, non sei cal pode ser a razón de que eu aínda non teña visitado este paraíso tan preto. Teño que pórlle remedio a esto axiña.

Outra cousa que me a atención da súa biografía foi o seu ingreso nunha orde relixiosa onde seica estivo uns cinco anos segundo as súas propias palabras, supoño que á idade de quince anos moitas persoas teñen arelas de misticismo, aínda que, persoalmente, penso que é mellor procurarlo noutros lugares menos cheos de corrupción do que é a igrexa católica.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios