Mary Wollstonecraft: Vindicación dos dereitos da muller.

As que seguides a esta vosa páxina con certa frecuencia, sabedes que levamos un tempo compartido publicacións sobre feminismo, que encetamos co libro de Nuria Varela: Feminismo para principiantes, e que nos fomos mergullando na vida e historia desas mulleres que dan en conformar o que se vén chamando; a primeira onda. Algunhas notariades a falta desta importantísima e fundamental autora dentro desa primeira etapa

Non, non nos esquecemos dela, pola contra ímoslle prestar unha atención moi especial. Cando iniciamos esta nosa andaina pola historia do feminismo, decatámonos de que moitos dos  libros fundamentais coma este “Vindicación dos dereitos da muller”, ou “Un cuarto de seu” de Virginia Woolf ou “O segundo Sexo” de Simonne de Beauvoir non están en galego,  ou polo menos nosoutras non fomos quen de os atopar

Pensamos en traducir nós mesmas algunha cousiña para o galego e empezamos con este de Mary, así sen apelido porque logo de ler e reler as súas palabras xa é como da familia.

Poida que algunhas lembredes unha homenaxe que lle fixeron hai uns anos coa colocación dunha estatua;  no  parque londinense de Newington Green, onde tivera a súa escola. Houbo lío coa boa da estatua porque nela Mary aparecía completamente núa. Sinceramente agora que coñecemos algo máis as ideas desta muller que defendía que as mulleres deberían cultivar o seu intelecto e non estar tan pendentes do seu físico, coidamos que esta estatua non lle había de aquelar.

Lin un comentario dunha tuitera que vos comparto porque me parece moi acertado:

“Cando finei tiña 38 anos,  sabedes?  estiven doente durante 10 semanas, tiña unha filla, o pilates non existía, así que o meu físico non era así exactamente.”

Na estatua,  como vedes,   aparece cunhas tetas completamente ergueitas, e moitas sabemos como se nos poñen as tetas as mulleres despois de parir, inchadas, con esas venas azuis que semellan as raíces dun carballo, e o abdome, esa barrighiña tampouco se semella a unhas cantas onzas de chocolate. Resumindo que non tería para nada ese físico co que a representaron  e sinceramente case parece que en lugar de lle facer unha homenaxe se mofaran dela.

Seguiremos falando de Mary en próximos días, para as que queirades afondar na súa historia deixo aquí un enlace a wikipendia:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Mary_Wollstonecraft

Martina Carracedo

Mostrar comentarios