Por qué as #mulleres son/somos #machistas? 8M SEMPRE

Imaxe de Pixabay

Non é a primeira vez que me fago esta pregunta, pero nestes días escoitando unha parlamentaria (había que escoitala porque falaba  a berros), dicindo como diría unha andaluza “una jartá de machistadas”  o tema volveo rondarme na cabeza.

As razóns xa volas podedes imaxinar, anos e anos de #opresión#, de infravalorarnos, de ningunearnos, de non ter #dereitos, de non ter voz, non esquezamos que o #voto #feminino neste país inda non ten un século, iso é pouco tempo para ceibar cadeas moi apretadas, e os medos, as vergonzas, as culpas.

En realidade, inda aquelas que tratamos de desprendernos de #ensinos equivocados, de #adoutrinamentos recibidos tanto nas casas coma na escola, e que cremos estar no bo camiño, conservamos, penso, moitas reminiscencias machistas.

Hai que lembrar que até hai moi pouco que un home batera na súa muller, considerábase, viase con normaliade, para proba  todos lembraredes unha escea de “martes y trece· na que se facía mofa pois diso dun caso de #malostratos, (desculpáronse).  

Era moi común tamén, que ante as queixas de maltrato que unha filla daba a súa nai, a resposta, polo común, viña sendo:

—É o teu home, tes que aguantar

O #maltrato# é unha lacra terrible, para min é o MAL, así con letras ben grandes, e debemos facer todo o que estea na nosa man para que esta traxedia remate. Sinceramente penso que se foramos quen de por fin ó maltrato a #nenas# e #nenos#, e dende aí a calquera  #persoa# #animal3 ou, aínda, cousa, conseguriamos un #mundo# mellor; máis amable menos violento.

Escoitar cousas, como as que vimos escoitando demasiado a miudo, sobre todo se veñen das mulleres, doe, fire os nosos oidos, pero hai que seguir, o tema ten tal relevancia que non nos podemos permitir nin a máis mínima dúbida nin un chisco de fraqueza.

Documentándome sobre o tema atopei un artigo moi bo, deixovos aquí abaixo o enlace  e recollo esta frase:

“No todas las mujeres son feministas, ni solamente los hombres son los machistas. Estas son dos verdades evidentes y dolorosas”.

https://sv.boell.org/es/2020/03/07/mujeres-machistas

Martina Carracedo

Mostrar comentarios