Todos os días son días do libro

Hoxe seica foi o día do libro; xenial, estupendo, marabilloso.  pero a nosoutras seméllanos pouco cousa un día para un obxecto tan prezado e tan precioso para nós.

Por iso aquí falamos de libros case que cada vez que escribimos, e xa sabedes que a maiores de ser lectoras avezadas e viciosas tamén parimos ó mundo as nosas propias criaturas que están aí esperando a que lle adiquedes unhas miradas apaixoadas. Aquí vos deixo os enlaces onde os podedes mercar:

A nai que me pariu:www.leer.la/B07YYFHPSG

La madre que me pario: www.leer.la/B07Z7Q661N

Autopublicar: esa carreira de obstáculos:http://leer.la/B083LMN6LX

De Cuba traio un cantar: www.leer.la/B08LGVZP55

Cancións do mar: www.leer.la/B0B14G8PHP


Espero que alguén nos estrañara, que se decatara que hai un tempo que non escribimos tan a miúdo por aquí, pois para esas amables personas que notan a nosa ausencia, dicir que con esta nova situación de xubiladas andamos a investigar cousas e causas, unha delas as viaxes ofertadas do imserso para xente grande coma min, xa vos contarei as miñas impresións por terras da península.

Outro motivo que nos tivo un pouco afastadas deste noso teclado, é un proxecto no que vimos traballando xa hai un lote de tempo, moito para min que son desas que quero as cousas xa, pois desta tocou ter paciencia e esperar, pero penso que agora en pouco tempo  a cousa vai callar. Xa vos irei contando.

Lede libros todos o días.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios