Outro gran mito: A felicidade no Nadal

Si este é un dos grandes mitos, por iso é que moita xente se deprime nestas datas, e non é de estrañar. A sociedade de consumo con todo o seu aparato, bombardeanos con esa idea (falsa) de que nestas datas a xente e mesmo todo o que nos rodea se enchoupa dese espiritu do Nadal, que todo é, de socate, bondade, solidariedade, respecto, amor, e  reunións familiares marabillosas cheas de momentos inmensamente felices e inolvidables.

Algunha vantaxe tiña que ter esta pandemia que estamos a padecer é unha delas,  é que evitou e inda vai evitar moitas reunións familiares que se desenvolverían dun xeito tenso, pouco amigable ou no pior dos casos de xeito dramático, vamos que acabarían coma o rosario da aurora.

O Nadal non cambia nada, non mellora nada, o que hai é o que había; aumentado por quizais un poder adquisitivo excaso que nos impide comprar todo iso que nos "faria" felices, esas mesas marabillosas con manteis de fío e cristalería de primeira, todo ese luxo que nos amosan os medios de comunicación, como se fora o común. Pois resulta que tampouco, moita xente nin xiquera terá un lugar acolledor onde pasar eses días, que polo xeral nesta nosa contorna soen ser días fríos, moi fríos. Tampouco haberá mantel de fío, nin vaixela de luxo e o pior que se cadra non hai moito que poñer na mesa.

Por enriba é unha data na que se minte descaradamente ás criaturas; isto quizais é o pior de todo, ou polo menos o que a min máis me amola. Lote de xente miúda, a que se chantaxea emocionalmente coa chegada destes magos, ou do gordo barbudo, ou do apalpador (odio este nome), que lle han traer regalos se se portan ben (que ben sendo facer o que se lles mande sen rechistar). Tremenda desilusión porque aquel que se esforzou non vai conseguir esa bici desexada porque os seus pais non teñen cartos para mercarlla, e o mangante vai ter a super bici, e moitas cousas máis. Que inxusticia!

Malia a todo: Bo Nadal!

Martina Carracedo

Mostrar comentarios