Código de Hammurabi

traducción de Xosé Antón Parada

Interrompemos a Mary Wollstonecraft e a súa "Vindicación dos dereitos da muller" porque hoxe fun a presentación deste #libro de Xosé Antón Parada, e teño que dicir que foi a máis amena de todas cantas levo asistido nos últimos tempos, e a cousa ten mérito porque trátase dun tema completamente descoñecido para nosoutras.

O autor traduciu para o galego este famoso texto O Código de Hammurabi, escrito nun idioma o #acadio do que descoñecía ata o nome, xa non digamos, logo, as súas orixes e fundamentos, mais cando unha persoa fala con paixón dun tema que domina, que ama, pois prodúcese a maxia.

Parabéns para o autor, para a editorial Rinoceronte e para todas galegas por esta importante achega para a nosa lingua.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios