Microrelato: "Mis manos"

Onte recibín esta mensaxe da foto da esquerda, como non se le moi ben direivos que me informan de que  me atopo no listado definitivo de participantes nun concurso de microrelatos.  

Dende logo non estou entre as gañadoras. Afondando no asunto, resulta que o que fan (supoño) e xuntar a todas as participantes (ou a moitas delas) e logo fan un libriño que podes mercar. Que listiños son! Xogan con ese enorme desexo de moitas persoas que escribimos a ver algo noso publicado, aínda que sexa coma neste caso unha cousiña de só 200 palabras.

Como nosoutras xa hai uns anos que experimentamos o enorme gozo de ter nas nosas mans un libro co noso nome na capa, pois vai ser que non imos picar.

O FB cos seus logaritmos ou co que sexa a min enviame moitas cousas destas de concursos literarios e por veces, pois, dáseme por escribir algo, sobre todo se coma neste caso non teño que facer un grande esforzo, e a dúbida que se me presentou cando recibín a mensaxe, foi: Que mandaría eu??

Cústoume un algo de tempo atopalo, confeso que estiven a piques de abandonar a procura, mais conseguín e aquí volo comparto a ver qué vos parece.

«Mis manos atesoran la memoria de tu cuerpo, ellas han definido tus  límites con sus caricias, han experimentado  la sublime suavidad  de tus labios gruesos y el calor de una boca ansiosa.Mis manos aún pueden dibujarme tu cuerpo ausente.»

Martina Carracedo

13/03/2024

Mostrar comentarios