Crianza consciente & independencia feminina

Imagen de Standsome en Pixabay

Crianza consciente, crianza con #apego#, #colecho#, amamantar, son palabras que entraron no meu vocabulario non hai moito tempo, pero que coallaron con forza.

Acontece que  este tipo de crianza precisa tempo, atención, dedicación, e amósase completamente incompatible coas maratonianas xornadas laborais que hai  hoxendía, por moito que os políticos se lles encha a boca falando de conciliación.

Dalgún xeito a sociedade, ou quen for, conveceunos de que é bo para un bebé de meses afastalo da súa nai e pasar a veces máis de oito horas nun lugar estrano para él. Como puidemos tragar con isto?, tamén nos convenceron ás mulleres de que é moito máis interesante pasar máis de oito horas traballando nun supermercado, nunha fábrica, onde sexa que estar na casa ocupándose dos nosos fillos.  O erro está en que non se considera traballo o da casa nin o de atención a crianzas porque non se paga, e como no mundo en que vivimos o verdadeiro amo é Don diñeiro, pois iso.

A cuestión é que unha muller non tería que renunciar a ningunha das dúas cousas: nina a ser nai; se así o desexa, nin a desenvolver a súas capacidades profesionais, artísticas, ou do tipo que sexan.

Para que isto acontecese tería que suceder que  a crianza estivese protexida dende todos estamentos, e que unha muller con fillos, tivese garantizada a subsitencia, é decir;  necesidades básicas de vivenda, alimentación, asistencia médica, e  que  contase, tamén, con todo tipo de facilidades para poder seguir coa súa vida profesional, artística, sen ter que renunciar a unha crianza con apego.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios