Día da Felicidade

Xa temos falado de, oes! hai un día para todo e  chegoulle a quenda á felicidade.

O primeiro pensamento que tiven matinando sobre disto,  foi que en realidade a felicidade non existe, axiña me correxín;  non é verdade Felicidade existe, eu coñezoa,

Brincadeiras a un lado a Felicidade é unha palabra desas importantes con substancia, con entidade e peso específico propios.

O diccionario da RAG definea como: "estado de plena satisfacción" e nome como sinónimos, a alegría e a ledicia.

No meu primeiro libro;  A nai que me pariu,  hai unha cantarea que se repite: "Eu querer quérome ben e tamén quero alegría".  Eu sempre andei na procura da alegría, supoño que como todas. A xente quere alegría, ledicia e tamén felicidade.

Ben,  xa sabemos que segundo o diccionario é un estado de plena satisfacción pero agora falta saber; que é o que precisamos para chegar a ese estado desexado

E aquí non é difícil supoñer que  a cada persoa lle faran feliz cousas diferentes, aínda que penso que podemos chegar a un consens. Todas estaremos de acordo en que para ser feliz é indispensable gozar dun certo grado de saúde, ter un mínimo de podes adquisitivo para cubrir as necesidades máis básicas da vida. A partires de aquí xa empezarán as diferencias importantes de xeito que imos atopar persoas que con moi pouco son máis felices que outras que con moito máis síntense máis desgraciadas.

Outra cousa na que tamén concordaremos, seguro, é que como seres sociais que somos, a felicidade vai ir asociada a moitos momentos de intercambio con outras persoas, sen esqucer que tamén a podemos atopar en momentos de marabillosa e criadora soidade.

Como vedes a cousas non é doada, e realmente sigo crendo no meu primeiro pensamento: A felicidade non existe, polo menos como un estado perdurable no tempo o máximo que podemos conseguir son "momentos felices". Eu vou dar unha volta por aquí a ver se atopo algún.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios