Dorothé Schubarth

Primeira "Señora das letras"

Si, esta muller cun nome de difícil pronuncia foi a primeira en recibir o premio de "Señora das letras"  aló polo ano 2014, que, como vos comentaba hai uns días, organiza a plataforma literaria @A Sega.

Sorprende, polo menos a min, que a primeira galardonada sexa unha #muller que non é #galega, pero cando afondamos na súa biografía recoñecemos os seus méritos e non nos queda máis que recoñecer (non sen certa dor) que moitas veces as persoas de fóra son as que máis valoran e respectan o noso patrimonio de calquera natureza.

Decidín que imos adicarlle un apartado a todas (que son poucas) as mulleres que foron elexidas ó longo destes anos para festexar o día das "Galegas nas letras".

Suiza de nacemeto e musicóloga de profesión,  Dorothé chegou a #Galicia aló polo ano 1978, durante as súas vacacións, coa intención de coñecer a nosa  música popular.

A que ía ser unha breve estadía alongouse durante anos, nos que realizou pescudas, viaxes, enrevistas e centos de gravacións que conservou con mimo e que logo da súa análise e clasificación foi recollido na publicación do "Cancioneiro popular galego"; que consta de sete volumes nada menos.

Esta súa obra está considerada o máis amplo repertorio musical popular de tradición oral galega. Segundo di a wikipendia (https://martinacarracedo.com/ghost/#/editor/post/63639ad093487d14ab727764) «Os musicólogos anteriores á hora de realizaren os estudios quedaron, seica, na superficie, mentres que Shubarth levou a cabo unha análise en profundidade das melodías, achegando unha proposta crítica de clasificación e propondo teorías sobre as orixes dos diferentes tipos. Ademais, foi a primeira que recoñeceu a importancia das informantes, sendo a primeira pescudadora culta que recolleu os seus nomes. Foron cinco anos de traballo arreo por aldeas, montes e corredoiras, que non remataron coa publicación dos materiais, senón que crearon un vínculo permanente da musicóloga con Galicia.»

Martina Carracedo

Mostrar comentarios