María Xosé Queizán, "Señora das letras" do 2016

11/07/2022

Seguimos coas nosas "Galegas nas letras". Neste caso, si que coñeciamos a esta autora, anque penso que non estabamos preparados para aprender como cómpre a súa mensaxe. Imos por remedio a esto.

Eliximos esta foto e non outra, para ilustrar esta publicación, porque a nosa protagonista de hoxe é, entre outras moitas cousas, unha figura moi importante do movemento #feminista. Foi directora de la asociación Feministas Independentes Galegas (FIGA), a través de la cal dirixe a revista político-cultural Festa da Palabra Silenciada, desde 1983 hasta la actualidad.

Tamén foi vicepresidenta do Consello Municipal da Muller, do Concello de Vigo, e directora e organizadora do I Encuentro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996). Desde o punto de vista literario, abordou o campo do feminismo, fundamentalmente, a través do ensaio, tratando temas como a colonización sexual das mulleres, a maternidade biolóxica, reflexións sobre a escrita non androcéntrica, e a presenza da misoxinia na literatura. Entre estes ensaios destacan: A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), A muller galega no ensino. A muller e a cultura (1981), Evidencias (1989), Escrita da certeza. Por un feminismo optimista (1995) e Misoxinia e racismo na poesía de Po

María Xosé Queizán Vilas naceu en Vigo, aló polo ano de 1939, é  muller, escritora, catedrática de lingua e literatura galega e feminista.

A súa obra, que abrangue todos os xéneros: ensaio, novela, conto, teatro, poesía e tamén traducción, é tan extensa, que nos levaría moito tempo e espazo nomeala toda e como ademáis quen queira pode atopala na rede, só falaremos de dous libros que lemos recentemente:

"A misoxinia e racismo na poesía de Pondal", libro que anda pola nosa mesiña de noite sen acabar de ler porque o tema como vos podedes imaxinar non é doado, e tamén resulta un tanto doloroso comprobar a certeza do título deste ensaio e tirar do seu pedestal o autor do noso himno. Este libro é unha mostra da valentía desta autora que non dubidou  en denunciar a violencia machista  fora quen fór o seu executor.

"Ten o seu punto a fresca rosa" é outro libro seu que rematamos non hai muito e do que a wikipendia di o seguinte: «A novela está construída como un gran friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan as historias de tres mulleres. Son personalidades de distintas idades, condicións socioeconómicas e de diversas sexualidades». Non digo que todo o sinalado nesta reseña non sexa certo, mais o fundamental deste libro, para min, é a denuncia do abuso infántil (prolongado) dentro da familia; neste caso por un pai adoptivo e como sempre sen que a nai nin outros conviventes se decaten de nada.

Neste enlace podedes ver o manifesto de A Sega co gallo da súa elección no ano 2016:

http://www.asega-critica.net/2016/04/iii-dia-das-galegas-nas-letras-je-suis.html

Chegada unha idade as persoas facémonos máis selectivas, pasa con todo; amizades, comida e, dende logo, tamén coa lectura. Nosoutras tanto á hora de poñernos a escribir como á de elixir un libro, tratamos de escoller aquellos que nos enriquecen dalgún xeito a maiores de proporcionar un anaco de lecer.

Toda a nosa admiración para esta muller cunha obra tan comprometida e ata diría eu tan necesaria para pór fin a un mal tan espallado e de tan difícil de arrincar coma o machismo.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios