Autoamor

Inda estamos nos comenzos de ano e moitos inda andaredes a voltas con eses propósitos de aninovo. Para min que unha das mellores cousas que todas podemos facer neste inicio de ano é un compromiso de amor, pero de #amor a nosoutras mesmas#, quizais poderíamos inventar a palabra #autoamor#, creo que xa está inventada iso do que falamos tanto, si, a famosa #autoestima#.  Se algunha cousa teño clara é que non podes amar a ninguén se non te queres a ti propia.  

Escribín algo xa outra volta sobre libros de #autoaxuda# . Eu tiven unha época hai uns anos que lin moitos libros destes, porque realmente precisaba moita axuda xa fora  propia ou externa, e moitos destes libros coinciden niso; en quererse, en gustarse.

A cousa semella sinxela así de primeiras,  pero nono  é tanto, senón podedes probar a mirarbos nun espello, e adicarvos un sorriso, unha frase amable, ou aínda un quérote. A segundo por onde ande a #autoestima# isto resultaravos máis ou menos fácil, de resultarvos moi moi difícil, é que a cousa non vai ben.  A min o primeiro dábame algo de repelux, pero xa levo un tempo en que cada día cando entro no baño inda antes de facer o primeiro pis da mañán, diríxolle un sorriso a miña imaxe que reflicte o espello, e un saúdo  de bos días, e si os días son mellores cando te empezas a querer, cando te empezas a gustar.

O paso seguinte sería empezar a ser máis amable, máis cariñoso con todos os que te rodean parella, fillas, compañeiras de traballo, xente da rúa, o camareiro do bar onde tomas café. Estou chegando hai un tempo a ide de que en realidade a maioría da xente o que quere é iso que a teñan en conta, que a traten ben, ser importante para os demais, ter o seu lugar, sentirse apreciado, amado.

É ista unha gran revolución; a #revolución do amor#. Canto sinto non ser poetisa, se eu soubese escribir poesía escribiría un enorme e fermoso #poema de amor#, que chegara ó corazón de todas as persoas.

Mostrar comentarios