Sanando a nosa nena ferida

O dos pais e nais tóxicos é algo complexo de detectar e resolver, nembargantes  a toma de conciencia é,  paso previo para calquera cousa que poidamos facer despois.

Pola miña propia experiencia diría que primeiro de nada hai que fuxir de todos os tópicos típicos, desa ilusión de que todos tivemos unha infancia feliz: pois mira non, resulta que eu estaba aí polo medio de cinco irmáns, que por enriba fun a primeira en nacer despois da morte tráxica dun dos meus irmáns, así que non se me esperaban con moita ansia, a maiores os meus pais levavanse a matar, o meu pai bebía e a miña nai exercíu de victima toda a vida, non se me escoitaba, non se me tiña en conta, etc. etc. cada quen debe sacar fóra este tipo de cousas, e si é preciso, que o será,  adicarlle un tempo a chorar a pobre infancia que tivo esa nena.  ¡Ollo! dependendo dos casos é case seguro que precisemos axuda dun profesional.

Logo de pór en conciencia, de recoñer todo o que nos pasou, o daño que nos fixeron, tratemos de rescatar a esa nena ferida que vive en nós. Polo xeral as persoas que sufrimos maltrato, abuso, abandono na infancia temos a autoestima polo chan, non nos gustamos, non nos queremos.

Traballemos este apartado, aquí, a min servíronme de moita axuda os libros e videos de Louis Hay (“Amate a ti mismo” “Tú puedes sanar tu vida”) que se basean na premisa de decirnos unha e outra vez que nos queremos, que nos gustamos. Hai uns dous anos que eu me fixen consciente dos problemas da miña nena ferida, cando empezei a mirarme no espello e decirme que me quería saía como forzado e non me gustaba demasiado ver a miña cara reflectida, dous anos despois, de facer prácticas neste senso, cada día quérome máis, cada día véxome máis guapa, e a miña autoestima vai medrando. Sigo falando coa miña nena, a miúdo, pregúntolle: cómo te sintes, qué podo facer por ti.

Podemos tamén observar qué actos, formas, expresións, comportamentos, dos nosos proxenitores (que seguro non nos gustaban) seguimos utilizando, este exercicio é completamente revelador, moitas darédesvos conta de cómo nos repetimos incluso en traxectorias de vida, poño un exempro: nai que casa nova, case unha adolescente, cun home considerado inferior a nivel social e/ou económico; filla que repite; casa nova cun home das mesmas características. Tratemos de ser conscientes deses comportamentos que en realidade non son de nós propias e tentemos afastalos.

E aquí teriamos que reflexionar sobre a cuestión de xustificar/perdonar, gústame unha frase dun psicólogo Roberto Lazar (http://robertolazar.com/) que di algo así: “lo que perdonas justificas, lo que justificas repites”. Pois perdoemos se podemos pero non xustifiquemos e sobor de todo non repitamos.


Mostrar comentarios