Identificando descoñecidas & Cenoura ou Cicuta?

Colgaba aquí hai uns días a primeira das fotos para ver se alguén a identificaba, e pensando que eu mais ou menos tiña claro de quen se traba a susodita, mais resultou que non, e  mesmo  podería ser atá  a famosa cicuta que rematou coa vida de Sócrates. Aí o o sorprendente mundo vexetal!

En realidade eu da que vos quería falar era da protagonista da segunda foto, que quitei aquí na miña propia finca, e que lle noto eu unha certa tendencia a espallarse por toda parte, mais anque teñen bastantes semellanzas, non son para nada a mesma planta.

Coidaba eu en canto a esta segunda que a tiña controlada, de feito vira unha ficha, e quedei completamente segura de que efectivamente se trataba da mesma, mais resulta que a tal ficha non a dei atopado por ningures e unha morea de dúbidas me asaltaron, e tamén moita moita curiosidade, e un pouco de teimudez.

Resultado desta laboriosa pero entretida pescuda foi que, descubrín toda unha familia de plantas as  “#Apiaceas#” tamén denominadas “#Umbeliferas#”  que segundo lin por aí agrupa máis de 250 xéneros e máis de 2.500 especies (vaites!, non é raro que teña dúbidas) que se atopan moi espalladas polo mundo.

Seica a principal característica desta familia é que son plantas #aromáticas#, cun olor e sabor anisado, un tanto variable segundo as especies, pero moi típico. En xeral son plantas #herbáceas#, #arrosetadas# e de follas alternadas, de lámina finamente dividida e con pecíolo abrazador na base. As flores están dispostas en #umbelas#, normalmente compostas e posúen un pequeno cáliz de 5 sépalos, unha corola de 5 pétalos, 5 estambres alternados cos petalos, e un ovario de dous carpelos, que logo da fertilizacaión orixina un fruto seco característico da familia chamado #esquizocarpo#.

Nesta familia Apiacea atopanse varias especies moi antigas que foron traídas polos primeiros conquistadores españois, especificamente: #cenoura#, #cilantro#, #pirixel#, #fiuncho#, pero tamén Ollo!, A citua, pois si, esta tamén é da familia, e parece que máis abondosa do que se pensa.

Estiven lendo que para distinguila, a cicuta, hai que fixarse nos talos que teñen manchas púrpuras ou vermellas e carecen de pelos.

Malia a adicarlle un tempiño o asúnto non son quen de dicir quen é a retratada na primeira foto, eu decántariame por o fiuncho mariño (penso niso porque a foto tireina por aquí preto da praia) pero con serias dúbidas, no tocante á nosa segunda protagonista eu estou porque sexa unha #daucus# #carota# ou sexa unha especie de cenoura salvaxe, pero xa digo todo isto con un lote de dúbidas.

Se alguén ten unha #botánica# á man igual nos podería ilustrar un pouco sobre este tema que cada día me fascina máis.


Martina Carracedo

Mostrar comentarios