LIBROS

Na procura doutra escultura con libros atopei esta que me namorou dende que pousei nela os meus ollos.

Parece que é obra dun tal Mike Stilkey e que se pode ver no Museo de Bristol, non son eu moito de museos pero pódovos asegurar que a próxima vez que viaxe ó Reino Unido hei  facerlle unha visita a esta escultura.

Estas esculturas amosan que os libros ademáis de encerrar dentro de seu grandes tesouros digamos etéreos e impalpables, como obxecto físico tamén poden ser unha obra de arte.

Adorei.

Mostrar comentarios