Libros feministas & Libros escritos por mulleres

Imagem de Comfreak por Pixabay

Co gallo do día Internacional do libro, pois iso, imos falar de libros.

Un dos meus críticos máis fiel e quizais tamén máis duro, cando rematou de ler o meu libro deSexo, entre outras moitas cousas fixo esta afirmación:

—Non é feminista

En verdade eu non pensei para nada cando o escribín, nin cando decidín publicalo se era ou non feminista. Como xa comentei noutros meus escritos por aí, a miña intención era denunciar a mala educación sexual das mulleres da miña época, e escribir de sexo, nada de historias de amor con tintes sexuais. Foi completamentei intencionado e consciente de que fora sexo e nada máis ca sexo e todo o explícito que a miña  minguada linguaxe nestes temas me permitira.

Tamén tiven outra experiencia con este libro, envieino a unha editorial, non vou dicir cal, podería ser calquera, de primeiras amosaron o seu interés en publicar algo de contido sexual, xa que logo, madeilles unha copia do libro, e tardaron non sei por aí un par de meses en respostar que non estaban interesados, sin outra explicación.

Penso que se lles fixo moito, ou quizais non, simplemente consideraron que non tiña calidade dabondo, ou futuro comercial, para apostar poa súa publicación, esto xa son elucubracións miñas.  Pero persoalmente considero que tanto a editorial coma o meu crítico lles parece demasiado sexual para que unha muller o escribira e, non entenderon para nada o carácter reinvindicativo que ten, ou polo menos que eu tentei impregnarlle.

As críticas femininas que tamén as houbo, anque se fan máis de rogar, precisamente polo que o libro intenta denunciar,  entenderon perfectamente a reinvindicación vindo dunha muller educada nunha dictadura. Algunha houbo que o calificou de porno.

.

Estes acontecementos, por  veces, vellenme ó maxín, e fanme reflexionar sobre este asunto, e facerme a inevitable pregunta: qué é un libro feminista?  Esta claro que non por escribilo unha muller alcanza esa categoría, as mulleres poden escribir grandes machistadas.

Indagando por aí atopei esta definición:

“La literatura feminista busca crear una conciencia o expresar los argumentos y posturas del feminismo., lo que va más ligado a la igualdad social, sin importar mucho la autora sino el mensaje que se deja en la obra”.

Pois non sei o que vos parecera a vosoutra pero eu persoalmente, despois de ler con moita atención esta e outras definicións que non vos comparto por non aburrir, teño que dicir que este meu libro deSexo,  é completamente feminista:

Primeriro porque por un lado pretende remover atrancos para que as mulleres poidamos gozar máis libremente da nosa sexualidade e mesmo falar sobor dela, e

Segundo porque o feito de escribir sobre o tema xa é emporsí moi feminista.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios