Escoitei estes versos que vos comparto hai un lote de anos, no salón de actos do instituo Alfredo Brañas de Carballo, co gallo, supoño dalgunha festividade ou se cadra no remate das aulas, non me lembro. Puido ser aló polo curso 75/76 ou se cadra no 77/78.
Se a miña memoria non me falla a autora que foi tamén a encargada de lelos, era irmá dunha miña compañeira de clase, María Jóse Pacoret. Logo xa temos unha pista.
Se entre todas conseguimos (dádelle a compartir porfa) que estas palabras que agora mesmo viaxan dende a miña mente ás miñas mans e por carreiros estraños e case máxicos han chegar a ser olladas e interpretadas polos vosos ollos, chegaran a ela, esa autora que buscamos, gustariame dicirlle que eses seus versos non os atopei escritos en parte ningunha, estababan e seguen estando moi ben gardadiños nalgún curruncho do arquivo da miña mente e sempre fan a súa aparición cando camiño descalza pola beira do #mar, e din así:
«A beiriña do mar
camiñando vas
pensar e pensar
só eso fas
recordar insustizas
un neno que chora
un vello sen fogar
pensar e pensar só eso fas.
X. Pacoret
Estou case segura de que o poema era máis longo, pero esto é todo o que poido lembrar, e xa me parece merito que despois de tantos anos segan tan vivos para min e cun significado tan actual.Dende aquí unha aperta para ela.
Martina Carracedo 11/01/2024