Vaia por diante que aquí somos republicanas e a realeza toda xunta, por nosoutras, pode ir rañala

E non quería falar nada máis do Nadal, pero atopei, a destempo, esta carta no meu buzón, e que lle imos facer non podo pechar os ollos nin a boca a toda esa fervenza de sentimentos e emocións que esta misiva me provoca e, vou procurar apouvigarme converténdoas en palabras.

A festividade dos reis é ó noso parecer a máis perversa de todas as do Nadal; en primeiro lugar por mentir  descarada e deliberadamente ás #criaturas,  seres inocentes que confían nos adultos cegamente e tragan todo o que lles digan. Dende logo que aquí aparece unha das nosas frases favoritas (lease  a ironía) que xustifica calquer comportamento aínda o máis reprobable, por facelo sempre  “Polo teu ben”.

A misiva seica procede de Oriente, pois, a cousa anda máis que fodida por aló, non sei nin como da funcionado o correo, bromas a un lado vexamos o segundo parágrafo:

«Xa sabemos que este ano te portaches ben, que fuches bo/a na escola e coa túa familia, polo cal queremos felicitarte, xa que estamos moi contentos e orgullosos de ti e por iso recibirás sorpresas»

Eles saben, son coma un gran irmán que todo o ve e controla, e vante premiar polo teu bo comportamento ou se cadra deberíamos dicir mellor polo teu adoctrinamento ou aínda domesticación.  Esto sin entrar moi no profundo da fustración enorme que van sentir todos aqueles que aínda portándose moi ben non van recibir agasallos porque coa que está caendo en moitas familias non hai cartos para calefacción, logo, moito menos para xoguetes e outras cativezas inútiles. E faltaría a segunda parte ímplicita; a dos carbóns, se te portas mal. Esa dualidade tan cristiá Ben/Mal, esquezendo as estacións intermedias.

A última recomendación antes da despedida tampouco está mal:

«Segue portándote tan ben coma ata agora e non te esquezas de que os Reis Magos o vemos todo».

Esto pódese interpretar coma unha ameaza en toda regra; Mira que te estou vendo, a ver o que fas, que como non te portes vas ver.

Conservamos nosoutras, un puco ou se cadra un moito da nena que fomos, e por iso somos bastante crédulas ou inocentes ou  ata algo ilusas e amólanos moito que se xogue así cos sentimentos e ilusións da xente miúda.

No noso primeiro libro: A nai que me pariu; www.leer.la/B07YYFHPSG

hai un capítulo titulado así: Polo teu ben.

Martina Carracedo 8/1/2024

Mostrar comentarios