Sobrevivimos outro Nadal. Vaia con deus ou co demo, tanto me ten. Se cadra non é mala maneira de encetar este novo ano adicando esta presiña de palabras a esta festividade aborrecida ou a algunhas persoas que amolaron de máis.
A frase non é miña. Viaxei este Nadal tan lixeira de equipaxe que nin un libro collía na miña ínfima mochila, todo isto, claro está,debido o abuso descarado no cobro das aerolíneas pola facturación de maletas. O caso é que merquei no aeroporto este libro de Almudena Grandes que me acompañou este tempo de folgar pero tamén de consumo esaxerado, desprociornado, tolo, demente, desequilibrado, desorbitado, desmedido, descomunal, excesivo... e todos os adxectivos que queirades engadir, e foi a súa protagonista Inés a que me regalou a frase, nun punto do relato cando o seu amante se enreda nunhas desculpas encerelladas logo dun comportamento pouco afortunado, cando ela lle di:
«—Galán —pronuncié su nombre sin alterarme.
—¿Qué?
—Vete a la mierda —y tampoco me alteré al decir esto»
Non sei porque eliximos esta parte do libro, é un misterio, pero o libro trata un tema moi serio a guerra civil española, en concreto a invasión que se produciu no ano 1940 polas tropas españolas exiliadas en Toulouse, que cruzaron a fronteira coa idea e coa esperanza de derrocar a Franco. Mágoa que non o conseguiran.
Este libro é o primeiro deses episodios nacionais que a autora nos deixou como legado, e cómpre enterarse do tema e saber algo da nosa historia máis recente, esa que nunca nos contaron na escola, e se cadra así poder entender un pouco mellor o presente.
En realidade é cando menos curioso que os aliados que loitaron contra Hitler e Musollini ós que conseguiron vencer, non fixeran nada ou polo menos non o suficiente para derrocar ó goberno ilexítimo do dictador, Franco. Outro misterio, non vos parece?
Feliz ano xente!!!
Martina Carracedo