Una casa en Amargura

Elisa Vázquez de Gey & A Ferrería do Incio

Se vos pasades por aquí de cando en vez, lembraredes que falei desta autora, porque sae naquel documental  dos"Galegos escravos". Aqueles galegos que enganados por un tal Urbano Feijoo, en lugar de atopar en Cuba o fin das súas miserias, estas non fixeron máis que aumentar e multiplicarse.

Tardei en conseguir este libro, non estaba nas bibliótecas da  comarca, e tampouco o atopei nas librerías que teño por aquí máis á man, logo, non quedou outra que mercalo na rede. Espereino cun certo afán, penso que sen chegar a ansiedade, creo, e non me defraudou. A autora fainos viaxar no tempo ata aquela Habana poblada de españois moi ricos, escravos negros, escravos chinos ós que se sumaron os escravos galegos. Gocei  moito a lectura deste libro, relembrando aqueles marabillosos edificios do Paseo do Prado que na miña visita a esta cidade caían a cachos, pero agora, mergullada na lectura, podía admiralos en todo o seu esplendor e fermosura.

Só unha cousiña atopei que non me gustou e que non é pataca miúda. Comentareina cara o final, agora imos ver algún anaquiño desta obra.

Misterio,  a protagonista desta obra, unha muller africana, a que apresan no seu pais cando xa a escravitude estaba abolida, amósnos que a realidade é outra ben diferente.

No tocante ós nosos devanceiros galegos vexamos o que nos conta esta nosa autora: «Feijóo compró a sus pobres paisanos con un miserable anticipo: ochenta pesos por cabeza que la mayoría de ellos dejó en casa para que con ellos subsistiese la familia... El 15 de marzo de 1854, daba cuenta del jubiloso recibimiento dispensado por parte de las autoridades a la llegada de la fragata Villa de Neda especialmente fletada para trasladar a los primeros 315 gallegos»

Un pouco máis adiante lemos unha parte do contrato que estes galegos asinaban;

«Yo (nombre y apellidos) me conformo con el salario estipulado, aunque sé y me consta que es mucho mayor el que ganan los jornaleros libres en la Isla de Cuba; poque esta diferencia la juzgo compensada con otras ventajas que ha de proporcionarme mi patrono»

E aínda un terceiro paragrafo máis estarrecedor: Hasta allí se acercaban los pocos hacendados que venían a adquirir lo que la Compañía vendía, es decir mercadería humana. Pagaban el traspaso de sus contratos con la promesa de que cada gallego haría "el mismo trabajo de dos negros". En resumen, lo que Feiojóo denominaba "saludable período de aclimatación" no fue sino el tiempo que tardaron los hacendados en llegar, pagar, llevárselos e instalarlos entre la negrada de sus bohíos.»

E ata aquí podo ler. Fermoso libro, como vos dicía. Gústame ata a portada que me lembra as rúas empedradas de Trinidade ou Cienfuegos.

A pega que atopei? Aí vai: o galego que viaxou nun deses barcos cara terras de Cuba chámase aquí Bonifacio Somoza e Elisa domicilao nunha aldea de Lugo: "Herrería de Incio". Que mágoa!!  é unha  moi grande afrenta cara a nosa língua que supoño que tamén será a súa e aínda que o libro estea escrito en castelán debería ter respectado o topónimo orixinal, non o fixo e non nos queda máis que dicilo, polo motivo de ser o correcto e tamén polo cariño que lle temos a unha nosa amiga, Carme, natural desta aldea, A Ferrría do Incio.

Martina Carraceo

18/12/2023

Mostrar comentarios