Non temos, nosoutras, nada contra o #AmorRomántico, entendido como ese comportamento, agarimoso, detallista, coidadoso, coa persoa ou persoas que son importantes para cadaquén. Xa temos algo máis en contra do circo consumista que se monta darredor desta data coma doutras moitas, pero é o que hai.
Imos ver, de onde vén esta tradición do #SanValentín? Así as primeiras pescudas na rede informanos que esta celebración non é máis ca outro invento da Igrexa para poñer fin a certos festexos pagáns que non lle aquelaban; Os #lupercais, que algún sitio que vin por aí define deste xeito:
”Festivales de depravación donde los ciudadanos corrían desnudos y borrachos, se besaban entre ellos y tenían sexo en cualquier rincón. Así cada 15 de febrero”.
O nome de “lupercais” seica vén de “lupus”, lobo, animal que representa a Fauno Luperco, deus da fertilidade e da sexualidade masculina.
Os romanos chamaban “lupercos” ós mozos que se estrenaban na vida sexual e que avanzaban polas rúas en coiros e axoutando ás mulleres cunhas correas de pel de cabra. Todo estaba permitido.
O de andar espidos polas rúas, troulear e festexar á igrexa nunca lle gustou,eles son máis de sufrimentos; de levar a cruz ás costas, de vivir nun val de lágrimas, bueno iso para os demáis, que xa eles se encargan de levar unha boa vida e arredarse de penurias.
Di a wikipedia que destes lupercais proceda hoxe a tradición do carnaval galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns, pantallas ou peliqueiros azoutan con débiles fustas de coiro, con chocas en honor aos pastores dos que Fauno Luperco era deus, e golpeando con bexigas de porco inchadas coa man. Que cousas!
Como era de eseprar a igrexa propúxose rematar con estes lupercais e procurou este San Valentín,q ue non está moi claro que santo foi, seica pode corresponderse con dous ou trs mártires, non sei, por aí podedes indagar. Eu a verdade quedo co #lupercos.
E a ti che que aquela máis o San Valentín ou os lupercos?
Martina Carracedo
A primeira imaxe tomeina eu este ano en Xinzo, a outra tomeina prestada da wikipendia.