Resolevendo o misterio das letras & Un pequeno texo dos Mill.

Stuart Mill e Harriet Taylor

Na última entrada, do pasado venres, que encabezaba unha foto do abecedario (que levou a confusión) máis adiante avanzando  no texto, compartía  o resultado da procura no diccionario da palabra; #amiga. E eu preguntaba se algo vos chamaba a atención, ou vos resultaba estrano.

Parece que moitas centrastes a vosa atención na foto do abecedario, até o punto de que Cristina atopou un erro, certamente este é un abecedario da língua galega  en en #galego non se di falda, senón saia.

Sen embargo os tiros ían por outro lado, a cousa semella sinxela pero a maioría non nos decatamos a menos que alguén nos faga prestar un pouco de atención; ben como vedes na orde alfabética das palabras está primeiro o A que o O, iso é evidente, sen embargo, no diccionario (en calquer idioma penso) cando buscas unha palabra sempre aparece en primeiro lugar o masculino. Así é, podedes comprobalo. Casualidade?  Intencionado? Non sei o que vos parece a vós, a min paréceme moita casualidade e moito descoido.

Aclarado este asunto tan importante seguimos co #feminismo, estou co libro “Ensaios sobre a igualdade Sexual” da autoría de John Stuart Mill e Harriet Taylor Mill, seica outro dos imprescindibles.

Vouvos compartir un anquiño que tendo en conta que ten por aí uns 150 anos, e que daquela as #mulleres non tiñamos dereito ó voto nin a moitas outras cousas, é como moi avanzado no seu tempo, e ten un toque de espertar conciencias que me gusta, e di así:

«Pero existe aún una razón más fuerte. Lo más importante que las mujeres tienen que hacer es despertar el fervor de las mismas #mujeres. Debemos estimular sus aspiraciones; pedirles que no desesperen de nada, que no piensen que nada está más allá de su alcance, sino que prueben sus facultades contra toda suerte de obstáculos. De ninguna otra manera se puede recoger bien el veredicto de las experiencia, y de ninguna otra manera podemos provocar en las mujeres el #entusiasmo que les es necesario para abatir las viejas barreras. Creo que actualmente se ha alcanzado el punto en que cuanto más alto lanzamos nuestra #reinvindicaciones, más tendencia habrá a conceder parte de ellas… Todo lo que oigo me afirma en la creencia que ya tenía al principio, pero mezclada ligeramente con la desconfianza; que el #libro ha salido en el momento preciso, y que ninguna de sus partes es prematura.»

Martina Carracedo

(publicado o 25/01/2021)

Imaxe de: https://filosofiahoy.es/stuart-mill-la-libertad-amor/

Mostrar comentarios