Poullain de la Barre /“O cerebro non ten sexo”

Nosoutras non imos ser sexistas, e se un home fai méritos a prol do #feminismo tamén llo recoñecemos. Certamente que un filósofo do século XVII escriba un texto titulado: “Da igualdade dos sexos”,onde propón un modelo educativo igualitario e univeral,  pois xa nos merece un chisco de respecto, xa sabemos o que pensaban filósofos moi posteriores véxase o caso do señor Rousseau.

Pois ben, quedounos atrás desa primeira etapa do feminismo este home, François Poullain de la Barre, nacido en Francia cara o ano 1647. Foi educado polo seu pai coa idea de que serguira a carreira eclesiástica.

Participou nos debates intelectuais da súa época, tanto dentro da Universidade como nos que eran, por motivos diversos, excluidos da mesma. Entrou en contacto coas novas correntes cartesianas e gasendista, chegando a converterse á nova filosofía con tanto interese que abandoou os seus estudos de doctorado.

Foi ordeado cura católico pero en 1688 converteuse ó calvinismo, o que lle mereceo o rexeitamento mesmo da súa familia. Foi perseguido e finalmente fuxío a Xenebra onde foi acollido como cidadán suizo.

Considerase o primeiro #filósofo que cuestionou o #patriarcado e a súa obra filósofica céntrase neste tema. Escribiu tres tratados fundamentais:

“Da igualdade dos sexos”  Neste texo desmonta un a un os #prexuízos, o peso da tracición e o uso da autoridade para discriminar ás #mulleres.

“Da educación das damas” Afirma aquí que o cerebro non ten #sexo e propón un modelo educativo #igualitario e #universal así como o acceso de homes e mulleres por igual á vida pública.

“Da excelencia dos homes contra a igualdade dos sexos” Neste texto expón os argumentos contra a igualdade da muller e vainos refutando, co uso de métodos cartesianos.

Poullain viviu na mesma época e formouse nas mesmas correntes filosóficaa que aqueles dos que se di que “ as súas opinións sobre a muller estaban condicionadas pola situación destas nesa época, e era imposible percibir para eles as cousas doutro xeito”. Sen embargo, este home si tivo esa persepectiva,  e foi quen de ver as cousas dun xeito igualitario, e por iso hoxe o traemos aquí a esta nosa páxina.

Martina Carracedo

Información:

https://es.wikipedia.org/wiki/Poullain_de_la_Barre

Mostrar comentarios