ACASO NON SON EU UNHA MULLER? / MEDRÁNDONOS ÁS



«Así berrou Sojourner Truth, (1797–1883), esclava do Estado de Nova York, logo de acadar a súa liberdade en 1828, e decatarse de que as súas cadeas eran dobres por ser negra e muller.

«Acaso no soy una mujer? ¡Mírenme! ¡Miren mis brazos! (Y mostró su brazo derecho al hombro, mostrando su tremendo poder muscular). ¡He arado y sembrado, y trabajado en los establos y ningún hombre lo hizo nunca mejor que yo! Y ¿Acaso no soy una mujer? Puedo trabajar y comer tanto como un hombre si es que consigo alimento-y puedo aguantar el latigazo también! Y ¿acaso no soy una mujer? Parí trece hijos y vi como todos fueron vendidos como esclavos, cuando lloré junto a las penas de mi madre nadie, excepto Jesucristo, me escuchó y ¿acaso no soy una mujer?»

O aire empeza a estar preñado de verbas de #muller; Safo, Cristine, Mary, Olimpya, Elizabeth,  Emily,  así sen apellidos, porque empezan a ser para min como da familia máis achegada. Tantas e tantas (e iso que inda nos empezamos cos últimos tres séculos), agachadas durante anos,  séculos aínda,  das que apenas empezamos a saber algo, a xente do común coma min.

A #historia cóntase mal, e a das #mulleres está moi mal contada #amigas miñas, hai un lote de séculos oscuros, durante os que pretenderon agachar a #voz, as demandas, a #loita das mulleres, e non sexamos ilusas, isto non acontece porque si, acontece porque interesa  que isto sexa así, porque alguén sae moi pero que moi beneficiado.

Cada unha destas mulleres que vou descubrindo que vou coñendo que vou escoitando é coma se me fora colocando unha pluma no lombo,  e son tantas, e as plumas son tan abondosas que  empezo a notar como se me estiveran  medrando ás.

Como cantan  Mon laferte e Vivir Quintana nesta marabillosa canción que é un himno para todas as mulleres.»

https://www.youtube.com/watch?v=FOzj841TWTY&ab_channel=SomosElMedioTV

Martina Carracedo

Mostrar comentarios