(O teu nome na portada dun libro & Presenta un deseño)

Anímovos a todas esas que levades unha artista dentro a participares no #deseño# da portada do meu libro “De Cuba traigo un cantar”. Máis tarde que cedo o relato que fun publicando aquí nesta páxina en trece días consecutivos, converterase nun libro, (aló menos nun dixital).

Coma sempre será unha #autoedición#, iso traducido significa así para resumir que eu me encargo de case todo. Isto ten contras pero ten a enorme vantaxe de que fago o que me peta, e agora pétame convocar unha especie de #Concurso# para que todas as persoas que me seguen podan achegar as súas creacións para a #portada#.

O que tedes que me mandar é unha imaxe relacionada co tema do libro (#Cuba#) e que cumpla os seguintes requisitos:

Tipo de arquivo:

JPEG (JPEG/JPG)
TIFF (TIF/TIFF)
Resolución: 2560x1600 píxeles
Tamaño: 300 ppp (píxeles por pulgada)

As imaxes podedes mandarmas a este correo:
carracedomartina@gmail.com

Prazo: esta semana (do 11 ó 17 de maio)

Cando remate o prazo, ireinas publicando para que a xente opine e elixir a máis valorada (ollo a decisión última será desta autora, por iso que dicía de facer o que me peta).

Premio: na portada figurará a lenda: Imaxe de Fulanita

Martina Carracedo

Mostrar comentarios