Seguimos co noso estudio sobre o feminismo
Hoxe imos trasladarnos ó continente americano concretamente a un pequeno pobo do estado de Nova York. Alí tivo lugar o que se chama “A Declaración de Seneca Falls” era o ano de 1848 . A reunión foi convocada por Elizabeth Cady Stanton (outra descoñecida e interesantísima muller, falaremos dela un outro día) e tivo lugar os días 19 e 20 de xullo, esta convención pode considerarse o primeiro foro público e colectivo das #mulleres.
O texto foi aprobado por unanimidade polas sesenta e oito mulleres e trinta e dous homes convocadas de distintos movementos e asociación poíticas próximos ós movementos abolicionistas, agás o aprtado referente ó dereito ó voto. Seica inda moitas delas non estaban convencidas da súa reinvindicación e da súa oportunidade.
Esta declaración está considerada como o texto fundacional do #feminismo como movemento social. Non o vou copiar todo porque é bastante largo e podedes lelo na wikipendia e inda noutras moitas páxinas.
Pero si me gustaría compartir este pequeno parágrafo e algún dos puntos máis salientables:
«A historia da humanidade é a historia das repetidas vexacións e usurpacións perpetradas polo home en contra da muller, co obxectivo directo de establecer unha tiranía absoluta sobor dela. Para demostralo imos presentar estes feitos ó inxenuo mundo.
- Nuna se lle permitiu á muller o goce do dereito inalineable do voto.
- Obligárona a acatar leis en cuxa colaboración non tivo participación ningunha.
- Denegáronlle dereitos recoñecidos ós homes máis iñorantes e inmorais, tanto americanos coma extranxeiros.
- Se está casada, e coma se estivera civilmente morta, antes os ollos da lei.
- Desposuírona de todo dereito á propiedade, aínda ós xornais que ela mesma gaña
- Negóuselle a oportunidade de recibir unha educación completa, pechándolle o acceso a todas as universidades.
Rematamos cunha resume de intencións moi interesante:
«Ó emprender a gran tarefa que temos diante nosa, vislumbarmos moitas interpretacións erradas, terxiversacións e escarnios, para acadar o noso obxectivo debemos utilizar todos os medios ó noso alcance. Utilizaremos respresentantes, difundieremos folletos, presentaremos as nosas peticións ó Estado e ás lexislaturas nacionais, e esforzarémonos para conseguir que púlpitos e prensa estean da nosa parte. Agardamos que a esta Convención lle sigan outras convenccións en todo o país».
Martina Carracedo