Primeira onda

Debemos coñecer de onde vimos, para saber cara onde nos diriximos/1ª Onda.

Facendo un resumo da  primeira étapa desta nosa  moi particular andaina pola historia do feminismo,  na cal viaxamos até Lesbos para coñecer a Safo a décima musa, a Venecia para saber de Christine de Pizán e seguila até París onde coñecemos a Olimpya de Gouges, de triste final, viaxamos a Inglaterra para saber de Mary Wollstonecraf e estudiar a súa obra; “Vindicación dos dereitos da muller”, atravesamos o Atlántico para escoitar a “Declaración de Seneca Falls” con Elizbeth Cady Staton e  as súas compañeiras, e sentimos a dor de Sojouner Truth cando berrou: “Acaso non son eu sunha muller”, retornamos ó vello continente, concretamente, a nosa querida Galiza para descubrir unha ourensá de pro, Olimpia Valencia.

Decubrir todas estás mulleres (e moitas máis; non me daría a vida para nomealas a todas)  é esperanzador pero tamén triste.  A historia da muller está chea de maltrato, de desprezo, de abusos, de silencio imposto. Soubemos da desilusión das loitadoras na Revolución francesa, cando se toparon que todo aquilo polo que loitaban, era só para os homes, elas quedaron excluidas e mesmo moitas foron guillotinadas, ou encadeadas, ou tiveron que exiliarse. Igual sorte tiveron no continente americano aquelas que loitaron pola abolición da esclavitude. Os logros conseguidos, en ámbolos dous casos, sempre as deixaba fóra, excluidas.

Xa rematamos de ler os dous primeiros libros que nos propuxemos: “Feminismo para principiantes” de Nuria Varela e “Ensayos sobre la  igualdad sexual” de  John Stuart Mill e Harriet Taylor Mill”. A achega de ámbos os dous, foi coma unha marea viva que nos inundou con nomes de mulleres, as súas ideas, os feitos. Acaenlle as etapas do feminismo a denominación de ondas; porque realmente eso é o que eu sentín; coma unha xigantesta onda, casemente un tsunami que me envolveo, e parecía querer afogarme, pero que unha vez recuperada a respiración sentes os folgos que da  saber que sempre houbo mulleres loitadoras importantes, que levantaron a voz ou a pluma en nome de aquelas que por estar máis esclavizadas ca elas non eran quen de facelo.

Finalizamos esta etapa nomeando dous filósofos que defenderon o feminismo:

Puollain de la Barre, e John Stuart Mill.

Poullain de la Barre consíderase o primeiro filósofo que cuestionou o patriarcado e a súa obra filosófica céntrase neste tema, que se reflicte fundamentalmente en tres tratados:

“Da igualdade dos sexos”, “Da educación das damas” , “Da excelencia dos homes contra a igualdade dos sexos”

·

Cunha diferencia de 150 anos atopamos a John Stuart Mill, pensador, político, economista e filósofo inglés autor xunto coa súa muller Harriet Taylor de: “Tratado da esclavitude feminina”. Foi elixido para o Parlamento británico no 1866, onde presenta unha enmenda a favor do voto feminino, asinada por 1.500 mulleres, que foi rexeitada. Un ano máis tarde, propón que na Lei electoral se sustitúa a palabra “home” por “persoa”  para que así as mulleres puidesen exercer o dereito ó voto. Non tivo éxito e inda houbo que esperar uns anos para que ás británicas se lle recoñecese este dereito.

E seguimos...

Martina Carracedo


Mostrar comentarios