DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER E DA CIDADANÍA/

(Redactada en 1789 por Olympe de Gouges para ser decretada pola Asamblea Nacional Francesa).

Atención o artigo X.

Todas lembraredes aquelas tres importantes palabras da Revolución Francesa: #Liberdade, #Igualdade e #Fraternidade.

Pois as #mulleres que axudaron nesa Revolución, tiveron que sufrir o enorme desengano que supoxo o decatarense que todo iso da igualdade e da liberdade e demais non era para elas, pero non se achantaron, como podemos comprobar con esta declaración de dereitos. Quizais mañán falaremos do destino da súa autora, outra muller excepcional; Olympe de Gouges.

«PREÁMBULO:

As nais, fillas, irmáns, representantes da nación, piden seren constituídas en Asamblea Nacional. Por considerar que a ignoracia, o esquecemento ou o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas dos males públicos e da corrupción de 105 gobernos, veñen de resolver expoñer nunha declaración solemne, os dereitos naturais, inalienables e sagrados da muller a fin de que esta declaración, constantemente presente para todos os membros do corpo social lles lembre  sempre os seus dereitos e deberes a fin de que os actos do poder das mulleres e os do poder dos homes poidan ser, en todo intre, comparados co obxectivo de toda institución política e sexan máis respectados por ela, co fin de que as reclamacións das ciudadanas, fundadas a partires de agora en principios simples e indiscutibles , se dirixan sempre ó mantemento da constitución, dos bos costumes e da felicidade de todas. En consecuencia, o sexo superior tanto en beleza coma en coraxe, nos sufrimentos maternos, recoñece e declara, en presencia e baixo 105 auspicios do Ser Supremo, os Dereitos seguintes da Muller e da Cidadana.

ARTIGO PRIMEIRO.

A muller nace libre e permanece igual que o home en dereitos. As distincios sociais só poden estar fundadas na utilidade común.

ARTIGO SEGUNDO.

O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles da Muller e do Home, estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión.

ARTIGO TERCEIRO.

O comezo de toda soberanía reside esencialmente na Nación, que non é máis que a reunión da Muller e do Home: ningún corpo, ningún individuo, pode exercer autoridade que non emane deles.

ARTIGO CUARTO

A liberdade e a xustiza consiste en devolver todo o que pertence ós outros; así, o exercicio dos dereitos naturais da muller só teñen por límite a tiranía perpetua que o home lle opón; estes límites deben ser corrixidos polas leis da natureza e da razón.

ARTIGO QUINTO.

As leis da natureza e da razón prohiben todas as accións prexudiciais para a Sociedade: todo o que non estea prohibido por estas leis, prudentes e divinas, non pode ser impedido e ninguén pode ser obrigado a facer o que elas non ordeen.

ARTIGO SEXTO

A lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as Cidadás e todos os Cidadáns deben participar na sua formación persoalmente ou por medio de representantes. Debe ser a mesma para todos; todas as cidadás e todos os cidadáns, por seren iguais ós seus ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos, empregos públicos, segundo as súas capacidades e sen máis distinción que o das virtudes e talentos.

ARTIGO SÉPTIMO.

Ningunha muller se atopa eximida de ser acusada, detida ou encadeada nos casos determinados pola Lei. As mulleres obedecen coma os homes esta lei rigorosa.

ARTIGO OITAVO.

A Lei só debe establecer penas estricta e evidentemente necesarias e ninguén pode ser castigado máis ca en virtude dunha Lei establecida e promulgada anteriormente ó delito e legalmente aplicada ás mulleres.

ARTIGO NOVENO.

Sobre toda muller que fose declarada culpable caerá todo o rigor da Lei.

ARTIGO DÉCIMO.

Ninguén debe ser molestado polas súas opinións, incluso fundamentais; a muller ten dereito de subir ó cadalso; debe ter tamén igualmente o de subir á Tribuna con tal de que as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola Ley.

ARTIGO DECIMOPRIMEIRO.

A libre comunicación dos pensamentos e das opinións é un  dos  dereitos máis prezados da muller, xa que esta liberdade asegura a lexitimidade dos pais en relación cos fillos. Toda cidadá pode, logo, dicir libremente: Eu son a nai dun fillo que vos pertence sen que un prexuizo bárbaro a force a disimular a verdade, coa salvedade de responder polo abuso desa liberdade nos casos determinados pola Ley.

ARTIGO DECIMOSEGUNDO

A garantía dos dereitos da muller e da cidadá implica unha utilidade maior; esta garantía debe ser instituida para vantaxe de todos e non para utilidade particular de aqueles ós que lle foi confiada.

ARTIGO DECIMOTERCEIRO

Para o mantemento da forza pública e para os gastos de administación, as contribucións da muller e do home son as mesmas; ela participa en todas as prestacións persoais, en todas as tarefas penosas, xa que logo, debe participar na distribución dos postos, empregos, cargos, dignidades e outras actividades.

ARTIGO DECIMOCUARTO

As Cidadás e os cidadáns teñen o dereito de comprobar, por eles mesmos ou por medio de representantes, a necesidade da contribución pública. As cidadás, somente poden aprobala se se admite un reparto igual, non só na fortuna senón tamén na administación pública, e se determinan a cota, a base tributaria, a recadación e a duración do imposto.

ARTIGO DECIMOQUINTO.

A masa de mulleres, agrupada coa dos homes para a contribución, ten o dereito de pedir contas da súa administración a todo axente público.

ARTIGO DECIMOSEXTO

Toda a sociedade na que a garantía dos dereitos non estea asegurada, nin a separación de poderes determinada, non ten constitución; a constitución é nula se a maioría dos individuos que compoñen a Nación non colaborou na súa redacción.

ARTIGO DECIMOSÉPTIMO.

As propiedades pertencen a todos os sexos reunidos ou separados; son, para cadaquén, un dereito inviolable e sagrado; ninguén pode ser privado dela como verdadeiro patrimonio da natureza agás que a necesidade pública, legalmente constatada, o esixa dun xeito evidente e baixo a condición dunha xusta e previa indemnización.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios