Safo; a décima musa.

Safo de Mitilene / a décima musa grega /

Hoxe retrocedemos aínda moito máis no tempo e viaxamos ó ano 620 a.c  (si aí tan atrás) data de nacemento de Safo de Mitilene,una das poetisas máis importantes de todos os tempos, considerada por Platón como a décima musa grega e por Dionisio de Halicarnaso como a principal expoñente da poesía lírica en Grecia. Safo foi a primeira muller que comprendeu a arte poética e musical do seu tempo, renovandoo, facendoo máis doce e adaptandoo ó seu estilo para así mellor expresar as súas ideas e sentimentos.

Safo conseguiu ser respetada e recoñecida na súa época, mais o feito de ser muller perseguiuna ó longo da Historia. Por mor de expresar abertamente a atracción que sentía cara as súas discípulas, a relación erótica que pode haber entre dúas mulleres (cousa que tamén acontecia nas escolas gregas masculinas pero seica isto era do máis normal), colgaronlle a a falsa imaxe de prostituta e lascivia. Doutra banda a illa de Lesbos naquela época estaba asociada coa liberdade sexual e coa felación, xuntando iso coa imaxe que se está a crear de Safo, naceu a idea de que o amor erótico entre dúas mulleres era lesbianismo ou amor sáfico.

A súa obra poética estaba formada por 9 libros  gardados na Biblioteca de Alexandría. Os seus poemas eran copiados, traducidos e usados para o ensino na Grecia Antiga até que chegaron os carmbios curriculares dende as escolas bizantinas. Dun total de 10.000 versos que se lle atribúen, somentes nos teñen chegado uns 600 e a través  de  notas doutros autores, citas literarias e tamén material desbotado.

A súa morte é un grande misterio, a miúdo se representa saltando dende un alto acantilado da illa de Leúcade ó mar, seica, por mor dun amor non correspondido dun tal Faón, isto xorde dun fragmento da súa propia creación, sen embargo  hai quen pensa que o escrito é unha metáfora dunha decepción amorosa producida por unha das súas amadas. Outros aseguran que chegou a ter unha idade avanzada. Sexa como for, Safo está considerada como a maior poetisa de todos os tempos.

Velaquí un seu poema.

Ode à Afrodite – Fr. 1

Eternal Afrodite, e ao trono adorno,

De intrigas tecelã, ó Dial, te imploro:

O peito não me firas com transtornos,

Ó Dona, ou dolos.

Vem para aqui, porém, se em mim atenta,

Um dia ao longe ouviste os meus agouros,

E da mansão do Pai então ausentas

Com carro de ouro,

Que tu mesma atrelaste, e à terra escura

As breves aves vão te conduzindo,

Asas batendo ao céu, o éter censuram,

No ar vêm vindo,

E pousam logo, ó Bem Aventurada,

E indagas-me co’a face eterna em risos:

Que mal de novo eu tinha, eu ansiada

Aos teus avisos?

Que quer minha alma, então, que surja insana?

“A quem, com Persuasão, ora destino

Ao teu amor, ou quem, ó Safo, dana-te,

E desatina?

Se é quem te foge, oh logo vai buscar-te,

E os dons, se enjeita, os seus logo envia,

Não te ama agora? Vai depressa amar-te,

Inda arredia.

Eis vem, e livra-me da ira tenaz,

E dês, já de uma vez, por terminadas

Todas coisas que a alma anseia: serás

Minha aliada!


Martina Carracedo

Poema collido desta páxina: www.revistaprosaversoearte.com/safo-poemas/

Información recollida na wikipendia e nestoutra páxina:

https://losojosdehipatia.com.es/cultura/historia/quien-era-safo/


Mostrar comentarios