Cristina de Pizan

CRISTINA DE PIZAN. Pode que fora a primeira escritora profesional

Aquí seguimos coa nosa particular e un pouco anárquica  historia do feminismo; hoxe imos retroceder no tempo;  até o 1364 onde atopamos outra muller excepcional, Cristina de Pizzan, nacida en Venecia en 1364  e  considerada coma a primeira muller #escritora profesional de occidente.

Polo traballo do seu pai como astrólogo que se traslada a corte do rei francés Carlos V  cando ela era moi pequena, Cristina tivo acceso  á famosa Biblioteca Real Francesa, que contaba con máis de 900 volumes no seu catálogo, entre obras centrais das tradiccións política, relixiosa e #filosófica, parece que hai evidencias documentadas de que os seus coñecementos de obras filosóficas eran moi amplas. Dun xeito #autodicta aprende tamén  francés, italiano e latín.

Distintas circunstancias da súa vida; morte do seu pai e do seu home en pouco tempo, fan que os seus ingresos minguen, de xeito, que se dedica a escritura como profesional e consegue vivir do que escribe.

#Pizzan foi particularmente coñecida pola súa defensa das #mulleres en contra da difamación que do sexo feminino se facía nos medios literairios e filosóficos da época. Os textos máis importante onde expón os seus argumentos en contra da inferioridade da muller son unha serie de correspondencias reunidas  no que se chamou “A querella da Rosa” e no seu libro  “A Cidade das Damas”.

Da querella das mulleres (querelle des femmes) podemos dicir que é o nome co que xe coñece o debate literario e académco que tivo lutar ó longo de varios séculos abarcando dende finais do século XIV, na Europa medieval, até a Revolución Francesa, que xorde en defensa da capacidade intelectural, o dereito das mulleres ó acceso a universidade e a política. Afírmase que esta capacidade non é unha cuestión de natureza senón social, de posibilidade de acceso ó coñecento. Cristine é a primeira muller que intervén neste debate de maneira pública.

«Se fosse o costume mandar jovens meninas para a escola e ali ensiná-las toda sorte de diferentes matérias, assim como se faz com jovens meninos, elas entenderiam e aprenderiam as dificuldades de todas as artes e ciências com tanta facilidade quanto os meninos. […] Sabes por que mulheres conhecem menos que homens? […] é porque elas são menos expostas a uma larga variedade de experiências já que precisam ficar em casa o dia inteiro em nome do lar. Não há nada como uma gama completa de diferentes experiências e atividades para expandir a mente de qualquer criatura racional (Pizan, Cidade das Damas, parte I cap. XXVII).[10]»

Na wikipendia e noutros sitios da rede podedes atopar abondosa información sobre a súa vida. A min gustariame destacar que ela mesma, a súa persoa, foi a proba do que defendía;  que se as mulleres cando  tiñan acceso a unha boa formación eran quen de acadar resultados iguais ou, aínda, superiores ós dos homes. Ela tivo ese acceso e xa vemos que lle sacou moito proveito. Ben por Cristina!

Remato facéndome unha pregunta: Non tería sido a nosa  historia ben distinta se tiveramos coñecemento de todas estas marabillosas e intelixenes mulleres?

Martina Carracedo

Mostrar comentarios