Propota para este aninovo; seguir estudiando feminismo que fai moita falla. Mátala!!! Temos as gafas violetas aínda un pouco empañada

Creo que o ano anterior comezaba dicindo algo así como que ese ano ía ser máis #feminista, pois  veño de decidir que este tamén, porque, dígovos unha cousa, fainos moita faltiña.

Veredes este domingo acudín a unha especie de musical dun grupo de teatro de afeccionadas, a trama era unha cousa lixeira, cuns roles claramente estereotipados; a moza rubia, delgada que trunfa e a gordiña que fracasa e ademáis é unha amargada. Bueno non pasa nada, é o que hai.  A cousa avanza ata que o único actor do elenco se marca unha canción en solitario e o meu corpo sufriu unha convulsión cando escoitou:

—Mátala!!!

Mirei sobresaltada cara unha amiga que estaba o meu carón con ollos interrogantes. Permanecemos  atentas o que seguía a esta tan terrible palabra, e eran un lote de parvadas do tipo; a abrazos, con flores eu que sei, non me molestei nin penso facelo, en procurar a canción na rede.

—Que elección de canción máis desafortunada —comentamos ámbalas dúas.

Pero seguimos vendo aquela obra ata o final, e ata aplaudimos e a filla da miña amiga unha nena pequena, estaba entusiasmada e non percibiu aquel imperativo aterrador como algo malo, algo que podería ser unha amenaza para ela mesma.Si, temos as gafas violetas aínda moi empañadas, ou mal reguladas, non sei, porque cousas así.... tiñan que movernos moito máis, quizasis o propio sería erguerse da cadeira e encarar a porta de saída.

Por tal motivo decidín que vou repoñer todos aquelas publicacións que compartín convosco o ano pasado sobre o meu particular estudio do feminismo, a ver se axuda, que corren malos tempos para nosoutras as mulleres.

Martína Carracedo

Mostrar comentarios